Mañá ás 19.30 h presentarei en Barcelona o libro Amigos e sodomitas, como xa comentei nunha entrada anterior. Será na Galería Sargadelos da capital catalá. Hai pouco máis dun ano -en concreto, o 20 de maio de 2010- este era o espazo que tamén acollía a presentación doutro meu traballo, neste caso de contido sociolingüístico: o volume En castellano no hay problema, que aínda continúa a ser escusa para falarmos en moitos lugares sobre a situación do noso idioma (esta mesma sexta feira, por exemplo, en Andorra, e a semana vindeira en Tui e Monforte).
Naquel evento acompañáranme na mesa a activa Sabela Labraña, profesora da Universitat de Barcelona e autora do manual de referencia para a aprendizaxe do galego para non galegos, e o histórico Joaquim Arenas, socio de honra da Mesa e un dos nomes claves na catalanización do ensino durante os seus 20 anos de responsabilidade na Generalitat, motivo polo que recibiu a Creu de Sant Jordi, un dos galardóns máis prestixiosos de Cataluña.
Gardo estas imaxes da presentación grazas ao fotógrafo Paulo Filgueiras, a quen lle fico moi agradecido. Mágoa que non estea mañá. Así e todo, tentarei traer testemuños gráficos do evento. Mao será.
Non esquezas dicirlle á Sabela, se a ves, que é unha indrúvida!
ResponderExcluirSorte coa presentación. Non se pode estar en todas partes. Xa iremos a Couceiro! :)
Tentarei lembrarme da palabra! xDDD
ResponderExcluirMoitas grazas por todo. Vémonos, pois, o 28 ;)