23 de jun. de 2011

De Vilalba a Monforte

Nesta véspera de San Xoán, En castellano no hay problema fará paraxe en Monforte, coa cálida compaña de Andrés Gómez Chao e Alicia Fernández. Será ás 20.15 h na Galería Sargadelos da localidade.

E xa que toca falar das presentacións deste libriño de combate, aproveito para subir algunhas fotos do acto en Vilalba hai pouco máis dun mes.

Viva a xente do Instituto de Estudos Chairegos!

Vivan todas as formiguiñas que fan posíbel a existencia da Mesa!

Continuamos!




2 comentários:

  1. Nove anos de máximo e visivel responsavel da “Mesa“, e parece que se está servindo bem pra se auto-promocionar. Andará a vender moitos livros, nom-sim?


    Que tipo de organismo permite esa esclerose e imobilismo nos seus cárregos? NOVE ANOS!?



    Nom poderia o senhor Calhóm continuar a promocionar os seus livros a título exclusivamente persoal, e nom aproveitando-se do seu cargo público?



    Quando as “formiguiñas“ poderám aspirar a algo mais do que “formiguiñas“?



    Nom terá vocé um bocadinho de sídrome de portagonismo e egolatria, senhor Calhóm?


    Gascon

    ResponderExcluir
  2. Acepto as críticas, non as difamacións.

    1) Fago o esforzo persoal que considero pertinente para promocionar os libros que publico. Alguén pensa que é máis cómodo ou máis barato facer 50 presentacións?

    2) O que gaño en dereitos de autor (10% menos impostos) é moi inferior ao custo da gasolina.

    3) Sobre a permanencia na presidencia da Mesa, esa é unha decisión dos socios e socias da entidade e miña. Cando volte á miña praza de profesor (que será máis cedo que tarde), a estas alturas do ano estarei de vacacións. Vaia poltrona traballar máis horas, con menos vacacións e cobrar igual!

    ResponderExcluir