A cabeza, porén, asocioumas a ambas cando lin a última pregunta que lle formulaban ao director da RAH española:
P. ¿Qué le falta a la Academia?R. Más mujeres. Las hay muy preparadas pero menos que los hombres. Hay una cuestión: un historiador necesita disponer de muchas horas para documentarse en los archivos. Y por desgracia, en las mujeres esas miles de horas están dedicadas a criar a sus hijos y a ser amas de casa.
Despois de soltar esa machistada, o Gonzalo Anes aínda pensará que é un feminista. Só lle faltou defender que as mulleres están menos preparadas (?!) por teren a regra.
Aínda que non nas declaracións, nos feitos o proceder da RAG é, tristemente, semellante pola exclusión da metade da poboación galega, as mulleres, ben activas na nosa vida cultural. O proceder da RAG é, neste aspecto, tan retrógado que, se fose un organismo público, tería unha composición ilegal, por discriminatoria.
Aínda máis. Debemos preguntarnos, con María Reimóndez, se Rosalía de Castro sería aceptada como membro da RAG no caso de vivir na actualidade.
Sobre estes e outros retos para a Academia Galega trato máis polo miúdo na miña colaboración semanal no xornal Galicia Hoxe. Son todas elas críticas feitas co ánimo de construír unha institución máis representativa, máis capaz, máis forte, porque boa falta nos fai.
Carlos, es un celeiro de neoloxismos. Un bo xeito tamén de contribuíres á vitalidade do galego: españolistísima, machistada...
ResponderExcluirConcordo totalmente na filosofía do artigo, atinas moi ben co da regra. A regra, un tabú aínda sen tratar na súa verdadeira dimensión. Que ía ser de moitos machistas destes se non existise o síndrome premenstrual, foco de todos os males do noso carácter volátil...
Hahahahahahah. Grazas polo de "celeiro de neoloxismos"! Iso nunca mo chamaran! ;)
ResponderExcluirQuero deixar aquí tamén algunhas outras dúas xoias da entrevista ao director da RAH:
ResponderExcluir“Bibiana Aído tenía que aparecer porque están todos los ministros y no la podíamos excluir. ¿Comprende?”
-------------
P. ¿Usted cree que Franco fue un dictador?
R. Tuvo varias épocas y actuó de manera distinta según las épocas. Hubo varios francos. Y ninguno de ellos me gustó.
P. Pero, ¿fue un dictador o no?
R. Miren, estoy agotado y me tengo que ir.