15 de jun. de 2011
Que fan os Reis Magos durmindo xuntos?
Esta imaxe pertence a unha arquivolta da igrexa románica de San Domingos en Soria. Aí vemos aos treis Reis Magos durmindo xuntos, no momento en que o anxo da dereita os sorprende coa boa nova da chegada do Mesías.
Desde os ollos de hoxe etiquetariámolo cando menos de homoerótico. De feito, na Idade Media son moi frecuentes estas representacións, mais non noutras etapas posteriores, onde cada Rei Mago anda por libre. Se Xerardo Conde Roa vise unha obra dun artista contemporáneo con esta ilustración, é probábel que pedise que a censurasen, como fixo co cadro do Cristo crucificado nu.
Podemos ver outras representacións dos Reis Magos partillando cama tamén nun retábulo tardomedieval da catedral de Barcelona, cidade onde me encontro hoxe para presentar o libro Amigos e sodomitas. Tamén achamos a mesma imaxinaría nun dos capiteis da igrexa de Santiago en Vilafranca do Bierzo.
Mais voltemos á primeira imaxe, á que inicia esta entrada. Resulta que é de Soria, a mesma cidade que ten o foro que no século XIII é, se non o máis cruel, dos máis crueis de toda a Península Ibérica na condena da sodomía. Ordena arrestrar os culpados, castralos en público, arrastralos polas rúas e, como colofón, queimalos.
Porén, a sociedade que tal norma atende non ve indicio de sodomía nin censura posíbel nesta representación. Por que? Por que a mesma sociedade ou as mesmas clases dirixentes que colocan a sodomía no centro dos pecados representan ou permiten a representación no entanto escenas como esta, permiten os bicos en público entre varóns ou consideran normal que dous homes se deiten xuntos, como nos demostran con naturalidade por exemplo algúns relatos da época ou cartas conservadas?
A tentar responder estas preguntas dedico dous dos capítulos do libro Amigos e sodomitas. Sobre iso falaremos hoxe tamén ás 19.30 h na Galería Sargadelos de Barcelona e o vindeiro 28 de xuño ás 20 h no roteiro en Santiago de Compostela que partirá da libraría Couceiro.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Qué bestia eres Carlos. El reduccionismo a tu lado es un kósmos totalizante. Sigue así, hombre.
ResponderExcluirPor que son bestia? Cal é o reducionismo que me aplicas? Non es capaz de entender os matices? Explica algo e pontifica menos.
ResponderExcluirAh! E tenta non me deixar un regueiro de comentarios de troll cada vez que pases por aquí (dígoo polos outros comentarios nas outras entradas). O debate si é benvindo. Trollear, non ;)
Nin caso, Carlos. Eu borraríao directamente (cada un é soberano e dono e señor do seu blog, e que me chamen fascista, que entón será o outro o reduccionista...)
ResponderExcluirAo mellor chego a Santiago o 28, voume a vivir con Fabio precisamente :P, e estamos desexando coñecer o contido dese roteiro... veremos figuras homoeróticas de capiteis románicos composteláns? En que consistirá? Deixaranos Conde Roa? ;-)
Unha aperta