22 de jun. de 2011

Quere ser Carlos Negreira un delincuente?


Saio cara á Coruña, onde o compañeiro Fran Rei e eu entregaremos por rexistro unha solicitude de entrevista co novo alcalde da cidade, que parece empeñado en seguir os pasos de Francisco Vázquez e converterse tamén nun delincuente que incumpre as leis e as sentenzas ao seu antollo.

O que está a facer, nada máis chegar á alcaldía, é ilegal e incívico. Non calaremos nin unha.

5 comentários:

  1. mira q sodes frikis, axitade, que algo queda

    ResponderExcluir
  2. pero o rueiro oficial da páxina do municipio segue emregandoo os nomes deturpados para as rúas. Se buscas Rúa Arteixo, non aparece nada, tes que buscar Calle ArteiJo

    ResponderExcluir
  3. non é rúa, q é avenida. seguide dando o cante e metendo medo á xente traballando para o ppsoe, q así nos vai

    ResponderExcluir
  4. Ánimo!

    Penso que o problema do topónimo e un síntoma máis da galegofobia que van predicando as elites lacoruñesas.

    Lin a carta de Galicia Bilingüe ao alcalde da Coruña, e xa me gustaría que lle fixesen caso. Porque demanda que cada cidadán sexa atendido pola administración local no idioma que el usa.

    A miña experiencia coa administración é que por escrito só usan o castelán. E os funcionarios depende quen che toque, pero maiormente responden en castelán aínda que ti fales en galego.

    Non deixa de ser dramático, porque usando as propias fontes de galicia bilingüe, dise que os formularios están ou bilingües ou só en castelán. Non sei por que lle piden que o concello defenda o castelán, porque é evidentete que xa o fai.

    E os concelleiros, alcalde incluído, deberían usar o galego, como parte da administración que son. Ás veces penso que vivo nun concello fóra de Galiza.

    Por iso tanto me amola ver noticias nas que se di que a Mesa quere impoñer o galego, cando aos que queremos vivir en galego nos están a impoñer o castelán.

    ResponderExcluir