26 de jun. de 2011

Unha pregunta pertinente

Para que un libro sexa noticia nun telexornal fai falta ser do PP ou abonda con non escribilo en galego?

5 comentários:

  1. Calquera dos dous motivos é suficiente por separado... Mais, combinados, o resultado xa é inevitábel ;)

    ResponderExcluir
  2. A. Belén Martínez Delgado26 de jun. de 2011, 19:10:00

    Podes non ser do PP e que o teu libro saia no telexornal. Podes escribilo en galego e que saia tamén no telexornal. O que non podes é ter unha postura combatente contra os presupostos do actual goberno do PP, berralos moi alto nas manifestacións en defensa da nosa lingua, ser presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e chamarte Carlos Callón. E aínda por riba ser un marabilloso sucesor de Chao Rego e o seu libro -A condición homosexual- (é o que me vén á cabeza dun xeito un pouco irracional cando vexo o teu). Menos mal que non te sacan no telexornal porque serías un deses...

    ResponderExcluir
  3. (Para A.Belén Martínez)

    Tres cousiñas:

    1.- Claro que pode. Evidentemente que pode. Ten todos os dereitos (aínda). E ben que fai. Se houbese catrocentos carlos callóns, este país sería diferente. Máis maduro, máis avanzado, máis feliz. Podes estar segura.

    2.- Hoxe en día, na TVG aparece o que Feixó quere que apareza. Se aínda non te decataches, estás cega.

    3.- "serías un deses...", un deses... que?, o que? A que te estás referindo, exactamente? Tes que aprender a expresarte sen ambigüidades. Porque se eu digo que ti "es unha desas..." ese "esas..." pódese entender de moitas maneiras. Daste de conta?

    Non sei cales serán os motivos que moven a túa opinión, pero chéiranme a envexa, a homofobia ou a escuros intereses políticos e partidistas. En calquera caso, as túas palabras son amargas coma o fel. Tes que ser máis construtiva, muller!

    Ah! Nunha cousa si que che dou a razón. Cando falas da túa propia irracionalidade. Niso si que atinaches ben!

    ResponderExcluir
  4. Grazas, Ana! Que conste que neste caso non falaba dos meus libros. Hai ausencias máis graves, máis elocuentes: Manuel Rivas, Teresa Moure, Marcos Calveiro, Santiago Jaureguizar, etc.

    Porén, moitísimas grazas polo afecto!

    Anónimo dous: Erras totalmente o tiro!

    ResponderExcluir
  5. Pido desculpas polo comentario, logo, froito dun malentendido. Agora vexo que era unha complicidade. Síntoo. Ademais, que foi un mal comezo do día, porque a primeira novidade que souben foi que pecha Galicia Hoxe, e despois lin este comentario, que pensei que era certo, realmente sentido así... En fin, alégrome de que sexa destoutra maneira. Unha aperta!

    ResponderExcluir