31 de jul. de 2011
30 de jul. de 2011
I ain't got seventy days
A triste perda da Amy Winehouse, tan temperá, será un dos motivos polos que lembraremos este verán de 2011.
29 de jul. de 2011
Reflexionemos sobre o noso patrimonio
28 de jul. de 2011
Vídeo da presentación nacional de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Moitas grazas á xente de Rede Libros, a rede social galega do libro, por gravaren e divulgaren a presentación nacional de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. (Por certo, eu xa son redelibreiro. E ti?)
Obrigado tamén pola moi boa acollida que está a ter esta obra, tanto no propio Festigal como nas librarías que xa o teñen na prateleira.
Nese sentido, onte fíxome moita ilusión unha muller que me parou para comentarme que ía pór en práctica o consello do café con leite. Ese é xusto o obxectivo do libro: pólo en práctica!
A próxima presentación deste volume de cívico combate será o 3 de agosto ás 21 h na Feira do Libro da Coruña. Estades convidadas e convidados!

Presentación do libro "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos" from Redelibros on Vimeo.
A próxima presentación deste volume de cívico combate será o 3 de agosto ás 21 h na Feira do Libro da Coruña. Estades convidadas e convidados!
27 de jul. de 2011
O xulgado, co apoio da Fiscalía, desestimou a denuncia do xuíz decano da Coruña
O 26 de xuño de 2008 varios xornais reproducían as palabras que se poden ver na imaxe.
Como non podía ser doutro xeito, desde A Mesa pola Normalización Lingüística criticamos con dureza que un maxistrado puidese afirmar que había leis que incumpría descaradamente.
Esas declaracións do xuíz decano, Antonio Fraga Mandián, hai que enmarcalas ademais nunha denuncia que presentara o xuíz contra un veciño que pedira a documentación en galego e co topónimo oficial. Si, xa sei, canto máis se relé o comezo deste parágrafo máis parece o mundo ao revés. Non te estrañes. É o mundo ao revés.
O disparate continuou cando este maxistrado decidiu denunciarme por criticalo. Xa se sabe: Se defendemos o noso idioma, inxuriamos. Onde se viu que teñamos dereitos e que os reclamemos?
Mais o xulgado non permitiu que continuase esta inxustísima criminalización e decidiu -co apoio da Fiscalía- arquivar esa denuncia, pola cal eu tivera que comparecer o verán pasado.
Hai moitas cousas que podemos concluír deste caso. Unha, moi importante, é que a pesar de todas as campañas de difamación que padeceu A Mesa, a xustiza sempre ratificou a plena legalidade e corrección das nosas actuacións. Sempre.
E así seguiremos. Dixémolo moitas veces e dirémolo as veces que fixeren falta: Non nos calarán!

26 de jul. de 2011
Presentación na Coruña de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O vindeiro 3 de agosto, dentro da programación da Feira do Libro da Coruña, realizarase unha presentación deste manual de activismo lingüístico que comezou hai poucos días a súa andaina.
Será ás 21 h nos Xardíns de Méndez Núñez, coa compaña de Xabier P. Docampo, Manuel Bragado, Fran Rei e todas as persoas que quixerdes ou vos puiderdes achegar.
Falamos galego e temos dereitos!
Para sermos Galiza
Para sermos Galiza precisamos medios de comunicación que usen a nosa lingua, que vexan o mundo desde nós, que garantan a liberdade de expresión.
Para sermos Galiza, temos que implicarnos todas e todos neste obxectivo.
Xa é posíbel subscribirmos participacións para que este soño se converta en realidade.
Máis información, aquí.
25 de jul. de 2011
Que vaia só unha mensaxe
Teño pendente falar da presentación de onte, das festas da Dorna, dos actos do Festigal, do posto da Mesa no idem, de irregularidades da Policía Nacional e dalgún outro tema.
Mais, de momento, que vaia só unha mensaxe:
FELIZ DÍA DA PATRIA GALEGA A TODAS E TODOS!
Mais, de momento, que vaia só unha mensaxe:
FELIZ DÍA DA PATRIA GALEGA A TODAS E TODOS!
24 de jul. de 2011
Entrevista en Radiofusión sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Esta entrada do blogue está programada para subir no momento en que comece o acto de presentación no Festigal do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, unha obra que se encontra dispoñíbel desde xa.
Se non puideches acudir ao acto e queres ter algo máis de información, podes ouvir desde esta ligazón a entrevista que sobre o volume me fixo a emisora Radiofusión.
Defendamos os nosos dereitos lingüísticos!
Sementemos o futuro!
23 de jul. de 2011
De En castellano no hay problema a Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
Mañá, 24 de xullo, ás 18.30 h, presentarase no Festigal o libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Debo agradecer desde xa ás máis de 600 persoas que apoiastes o evento a través das redes sociais. Agardo que a obra estea á altura das expectativas e sexa útil para a batalla cívica que temos por diante.
A presentación será puntual e áxil, para cumprir coa ampla programación do Festigal. Para o acto preparei unha pequenísima sorpresa, así que recomendo vir con ganas de xogar ;)
Teño que manifestar tamén o meu agradecemento aos medios de comunicación que se están a facer eco da saída do volume. Así, antonte tiven unha entrevista en Radiofusión, mañá sairá outra en RNE e na segunda feira outra máis para a SER. Grazas!
As fotos que encabezan esta entrada pertencen á derradeira presentación do anterior libro que publiquei sobre o noso idoma, En castellano no hay problema. O acto tivo lugar no Centro Galego de Madrid, despois dunha sucesión de obstáculos e censuras para facelo no salón da Delegación da Xunta, a Casa de Galiza.
O caso é que ao final puido haber acto, aínda que fose noutro sitio e non día máis propicio: nin pola tremenda calor nin por unha sucesión de problemas que tiven na xornada, que agora non veñen a conto, mais que axudan a explicar a cara de canso que se me ve nas fotos.
Mais a presentación pagou a pena, e moito. Foi unha delicia podermos partillar opinións sobre a situación do galego e tamén sobre as alternativas de futuro, aspectos ambos en que achegou a súa acertada análise o deputado Francisco Jorquera. Ademais, alegroume a xornada ver moitos rostros inesperados.
En fin, que continuamos!
22 de jul. de 2011
Hai moito por descubrir na Idade Media galega
O título desta entrada foi o titular que escolleu César Lorenzo Gil para a entrevista comigo que publicou n'A Nosa Terra.
Por certo, igual que na maioría das entrevistas que tiven polo libro Amigos e sodomitas, teño de subliñar que as ou os xornalistas que as fixeron leran previamente o libro ou mesmo se documentaron alén del. Paréceme que di moito da súa tremenda profesionalidade. Penso que é bo que se saiba.

No curso de verán sobre dinamización lingüística
Coa inminente saída do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (se non está mañá na túa libraría, estará para a semana seguinte, se é que a túa libraría distribúe novidades en galego); coa saída do libro, digo, desde a CTNL e a Universidade da Coruña convidáronme a participar hoxe, fóra de programa, no seu anual Curso de Verán sobre dinamización lingüística.
Primeiro, será unha honra para min presentar ás 10 da mañá a Gemma Sanginés, coautora do libro Sortir de l'armari lingüístic, unha obra de que bebín moito para escribir a primeira parte de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
Despois, xa cara ao mediodía, farei o que podemos chamar unha "previa" da presentación do libriño, antes do acto que se vai desenvolver o 24 de xullo no Festigal.
Defendamos os nosos dereitos lingüísticos!
21 de jul. de 2011
El País publica unha reportaxe sobre Amigos e sodomitas
O diario El País publica hoxe nas súas páxinas para Galiza unha magnífica reportaxe de Diana Mandiá sobre o libro Amigos e sodomitas, ilustrada con esta fotografía de Anxo Iglesias.
Igual que o excelente traballo de Manuel Gago para o portal do Consello da Cultura Galega, a traballada información parte do roteiro que se organizou para o 28 de xuño pola cidade de Santiago de Compostela con motivo da saída desta obra.
Talvez poidamos mirar, pois, novas datas para este roteiro por Santiago e, por que non, por outros lugares do país.
A parroquia de Santa María de Ordes, en Rairiz de Veiga, e Albeos, en Crecente, son outros espazos centrais a través dos cales podemos recuperar estes importantes episodios da Historia, adulterados ou esquecidos por non diciren o que se querería que dixesen.

20 de jul. de 2011
A indiferente marcha camiño do infinito
ESTRANXEIRA NA SÚA PATRIA
Na xa vella varanda
entapizada d'hedras e de lirios
foise sentar calada e tristemente
frente do tempro antigo.
Interminable precesión de mortos,
uns en corpo nomais, outros no esprito,
veu pouco a pouco a aparecer na altura
do direito camiño,
que monótono e branco relumbraba,
tal com'un lenzo nun herbal tendido.
Contemprou cal pasaban e pasaban
collendo hacia o infinito,
sin que ó fixaren nela
os ollos apagados e afundidos
deran siñal nin moestra
d'habela nalgún tempo conocido.
I uns eran seus amantes noutros días,
deudos eran os máis i outros amigos,
compañeiros da infancia,
sirventes e veciños;
mais pasando e pasando diante dela,
fono os mortos aqueles prosiguindo
a indiferente marcha
camiño do infinito,
mentras cerraba a noite silenciosa
os seus loitos tristísimos
en torno da estranxeira na súa patria,
que, sin lar nin arrimo,
sentada na varanda contempraba
cal brilaban os lumes fuxitivos.
(Rosalía de Castro)
Na xa vella varanda
entapizada d'hedras e de lirios
foise sentar calada e tristemente
frente do tempro antigo.
Interminable precesión de mortos,
uns en corpo nomais, outros no esprito,
veu pouco a pouco a aparecer na altura
do direito camiño,
que monótono e branco relumbraba,
tal com'un lenzo nun herbal tendido.
Contemprou cal pasaban e pasaban
collendo hacia o infinito,
sin que ó fixaren nela
os ollos apagados e afundidos
deran siñal nin moestra
d'habela nalgún tempo conocido.
I uns eran seus amantes noutros días,
deudos eran os máis i outros amigos,
compañeiros da infancia,
sirventes e veciños;
mais pasando e pasando diante dela,
fono os mortos aqueles prosiguindo
a indiferente marcha
camiño do infinito,
mentras cerraba a noite silenciosa
os seus loitos tristísimos
en torno da estranxeira na súa patria,
que, sin lar nin arrimo,
sentada na varanda contempraba
cal brilaban os lumes fuxitivos.
(Rosalía de Castro)
19 de jul. de 2011
Tras o armario da Idade Media
O portal Culturagalega.org pendurou unha reportaxe de Manuel Gago sobre o libro Amigos e sodomitas, a partir do roteiro que fixemos o día da súa presentación en Compostela.
Agardo que vos sexa de interese!
Agardo que vos sexa de interese!
18 de jul. de 2011
É un desprezo consciente
Todos os principais soportes gráficos da súa campaña electoral estiveron en galego, como na foto. O PP sabe que Santiago de Compostela é unha cidade máis sensíbel á lingua galega e por iso mantiveron aquí a carauta de galego coma ti.
Agora, unha vez conseguida a alcaldía, o que na campaña era "Xerardo" fai brillar o galego pola súa ausencia nas súas intervencións oficiais, igual que na da maioría do seu grupo de goberno.
Poderase matizar que Conde Roa si fixo parte do seu discurso de investidura en galego. Si, é certo. Comezou en galego, pasouse ao castelán e de aí -até onde eu sei- xa non se apeou. O bilingüismo de sempre: Una vez al año, que no hace daño.
Desde A Mesa entregamos hoxe un escrito no Rexistro do Concello solicitando unha entrevista co alcalde e instándoo a que rectifique canto antes. Porque, como presidente da corporación, ten obrigas ineludíbeis.
Cómpre subliñar que se non usa o idioma de Galiza e de Santiago de Compostela non é por un problema de alfabetización. Sabe galego, mais négase, conscientemente, a darlle carta de normalidade e de valor como lingua oficial. É un desprezo que se debe corrixir canto antes.

17 de jul. de 2011
16 de jul. de 2011
Reseña no Faro de Vigo
Desta volta, a crítica que publicou o Faro de Vigo é co libro xa publicado ;)
Moitas grazas a Armando Requeixo por lle dar eco a este libriño desde as páxinas do segundo diario máis difundido en Galiza.
15 de jul. de 2011
Calade!
Hai hoxe 126 anos. O 15 de xullo de 1885 morría Rosalía de Castro, a autora de, entre outros, estes tremendos versos:
Calade!Hai nas ribeiras verdes, hai nas risoñas praias
e nos penedos ásperos do noso inmenso mar,
fadas de estraño nome, de encantos non sabidos,
que só con nós comparten seu plácido folgar.
Hai entre a sombra amante das nosas carballeiras,
e das cortiñas frescas no vívido esplendor,
e no rumor das fontes, espritos cariñosos
que só ós que aquí naceron lles dan falas de amor.
E hai nas montañas nosas e nestes nosos ceos,
en canto aquí ten vida, en canto aquí ten ser,
cores de brillo suave, de trasparencia húmida,
de vaguidade incerta, que a nós só da pracer.
Vós, pois, os que naceches na orela doutros mares,
que vos quentás á chama de vivos lumiares,
e só vivir vos cómpre baixo un ardente sol,
calá, se n'entendes encantos destes lares,
cal, n'entendendo os vosos, tamén calamos nós.
Herdeiros da Ditadura
Parece mentira que aínda non puxese no blogue esta canción:
Por certo, lembrade que Dios Ke Te Crew actúa no Festigal deste ano!
Por certo, lembrade que Dios Ke Te Crew actúa no Festigal deste ano!
14 de jul. de 2011
O comentario de Pedro J. Ramírez, en De Luns a Venres
A sección de confidenciais do diario De Luns a Venres (o único que nos queda en galego e, por certo, para que digan que o noso idioma é contraproducente, tamén o único gratuíto diario de gran difusión que sobrevive en Galiza) comentaba hoxe a valoración positiva de Pedro J. Ramírez sobre as conclusións do libro Amigos e sodomitas.
Moitas grazas polo eco, máxime nunha sección tan lida!
Podedes consultar o exemplar en pdf nesta ligazón.
Obrigado tamén ás compañeiras e aos compañeiros da Asociación de Escritores en Lingua Galega por noticiaren o interese que amosaron varios portais glbt de diferentes latitudes -sobre todo de América Latina- polas conclusións deste libro.
O que ten de especial, de interesante ou, mesmo, nalgúns puntos, de novidoso o libro Amigos e sodomitas procede do noso tesouro documental medieval, aínda tan descoñecido e infravalorado pola nosa propia sociedade. Salvo que haxa algún roubo ou furto, claro é.
Oxalá non sexan necesarias máis destrucións e espolios (moitos continúan, aínda que sen titulares a catro columnas) para sabermos as dimensións das nosas diversas riquezas históricas.

Presentación nacional de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos
O libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos presentarase no cadro do Festigal 2011, o día 24 de xullo ás 18.30 h. Como cada ano, este evento desenvolverase no Campus Sur (agora, oficialmente, e só oficialmente, chamado Campus Vida) de Santiago de Compostela.
No acto de presentación participarán:
Se vas asistir ou estás a pensar en facelo, podes deixar testemuño diso neste evento do facebook.
No acto de presentación participarán:
Se vas asistir ou estás a pensar en facelo, podes deixar testemuño diso neste evento do facebook.
13 de jul. de 2011
Propostas para vivirmos en galego
Hai quen quere cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais nin a desaparición nin a recuperación dunha lingua son nunca procesos espontáneos. Podemos intervir e rectificar a situación actual, porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.
Este libro, que se comezará a distribuír a semana próxima, propón que protagonicemos no noso día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións.
Para iso, formúlase unha operativa guía de conduta para vivirmos en galego, chámase a un consumo responsábel co noso idioma e faise un repaso moi claro e por sectores dos dereitos lingüísticos que se nos recoñecen.
A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual. Isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Isto apélanos a ti e a min. Se non actuamos nós, ninguén o vai facer por nós.
Compras a túa redención
"Compras a túa redención como consumidor."Estas frases pertencen á seguinte intervención de Slavoj Žižek, lindamente ilustrada. As dúas últimas son citas que realiza dun libro de Oscar Wilde que nas últimas semanas volve a estar nas mesas de novidades das librarías grazas a unha tradución para o español.
"O propio acto egoico do consumo xa contén o prezo do seu oposto."
"Os peores donos de escravos son aqueles que son bos cos seus escravos."
"A caridade degrada e desmoraliza."
Non penduro aquí este vídeo porque concorde con todo o que di, senón porque, coma sempre, Žižek fai pensar. E non é pouco.
Entrevista en Radiofusión sobre Amigos e sodomitas
Na seguinte ligazón da emisora Radiofusión está dispoñíbel o audio dunha ampla entrevista que me fixeran un ou dous días despois de se dar a coñecer que Amigos e sodomitas obtivera o Premio Vicente Risco de Ensaio.
O outro libro de que falo ao final da conversa -Como defenderes os teus dereitos lingüísticos- chegará, finalmente, na semana próxima ás librarías que distribúen novidades no noso idioma. Penso que será unha obra útil.
Ademais, por se aínda non tivestes oportunidade de vela e vos interesa, a entrevista no programa Vía Láctea de CorreoTV, sobre Amigos e sodomitas, reemitirase hoxe ás 14.30 h.

12 de jul. de 2011
Entrevista na Vía Láctea
Vía Láctea é un programa cultural que presenta e dirixe Carlos Roma en CorreoTV. No espazo que se emitirá hoxe ás 20.45 h (con repetición ás 23 h) falarei sobre o libro Amigos e sodomitas.
Se vedes que levo unha camisola igual á que xa saíu noutras fotos doutros medios non pensedes que é porque lle teño unha especial querencia nin cousa semellante. Foi só que, por casualidade, ese mesmo día fixen entrevistas para varios sitios, aínda que vaian saíndo aos poucos.
Xa me diredes que vos pareceu!
11 de jul. de 2011
Pediunas o corpo
O acto de presentación en Ribeira do libro Amigos e sodomitas comezou cunha ovación á xente da asociación Trapallada (Sabela, Manu, Joki...) que fixeron posíbel algo que parecía imposíbel: a celebración neste concello do primeiro Día do Orgullo GLBT, so o lema "Pídechas o corpo".
Ademais do intercambio de opinións sobre este libro e, por conseguinte, sobre a historia da homofobia, o Día do Orgullo nesta vila mariñeira tamén contou cun cine-fórum e un concerto.
Xa o dixen máis veces, porén quero e debo repetilo. Moi poucas localidades no mundo das dimensións de Ribeira poden botar peito e afirmar que organizan unhas actividades como estas.
Debo subliñar tamén que, até onde sei, todo canto se fixo foi sen o apoio do Concello de Ribeira, que non cumpriu nin tan sequera na axuda solicitada en cuestións organizativas de carácter público. Para máis inri, o deixamento municipal foi a pesar de figurar no cartaz a súa prometida colaboración.
Para finalizarmos con sabor positivo na boca, anuncio que mañá (terza feira, martes) o programa Vía Láctea de Correo TV, presentado por Carlos Roma, falará do libro Amigos e sodomitas. Se aínda non o lestes e queredes ter algo máis de información sobre o seu contido, é unha boa oportunidade.
Actualización, 12 de xullo ás 14.48 h: Matízanme que, a pesar de que o Concello deixou que desexar no seu apoio, si colaborou nalgunhas cuestións de intendencia dos concertos, cumprindo así cos seus deberes mínimos. É máis que unha mágoa que, porén, non se quixer implicar nada máis, a pesar de existir unha demanda explícita na vila.

Presentación en Boiro do libro En castellano no hay problema
Hai varias fotos de presentacións do libro En castellano no hay problema que aínda non subín ao blogue. Na maioría dos casos é porque non as encontro, así que, se alguén me pode dar unha axudiña, será benvinda.
As imaxes que penduro hoxe débollas á asociación Barbantia, que foi a anfitrioa en Boiro o pasado mes de abril, co apoio tamén do alcalde da vila nos últimos oito anos, Xosé Deira.
Grazas ás persoas que fixestes posíbel este acto, ás que participastes e aos medios de comunicación que lle destes eco.
10 de jul. de 2011
A presentación en Compostela do libro Amigos e sodomitas
Deixo aquí catro fotografías que tirou Pauloff do comezo do acto de presentación do libro Amigos e sodomitas, o pasado 28 de xuño na libraría Couceiro de Santiago.
Tras as intervencións de Francisco Fernández Rei e Olegario Sotelo Blanco (que publicou no seu blogue a crónica do día), fixemos un roteiro por algúns puntos da cidade vinculados con varios capítulos do libro. Sobre este itinerario sairán esta semana entrante dúas reportaxes en cadanseu medio de comunicación. Irei informando ;)
9 de jul. de 2011
E outra de austeridade!
Carlos Negreira, nada máis chegar á alcaldía da cidade da Coruña, decidiu subirse o soldo. O xesto, no serio momento actual, di moito da súa concepción do servizo público e do que na realidade lle importa o seu discurso demagóxico sobre a crise.
Xustifica que teña que cobrar máis que o seu predecesor no cargo e un 16% máis que o alcalde dunha urbe máis habitada -como é o caso de Vigo- porque A Coruña é "a cidade galega máis importante". Tremenda capacidade de argumentación. Tremenda desvergoña.
8 de jul. de 2011
235.000 euros ao ano
Mentres se desmantelan numerosos servizos públicos e proteccións sociais, das arcas públicas saen 235.000 euros ao ano para que se emita cada domingo a misa católica na TVG.
Quen teña ouvidos para ouvir, que ouza.
Quen teña ouvidos para ouvir, que ouza.
Crítica de Armando Requeixo ao libro Amigos e sodomitas
O crítico Armando Requeixo publicou hai uns días unha reseña do libro Amigos e sodomitas, que se difundiu a través dos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños. Tamén se pode consultar no seu blogue, Criticalia.
Debo agradecelo, igual que a atención e a repercusión que lle están a prestar diferente medios a esta obra. Agardo que sirva para coñecermos mellor a nosa historia e para nos fornecermos de armas culturais contra a intolerancia.
7 de jul. de 2011
Cúmprese en Galiza a Carta Europea das Linguas?
Nesta fotografía aparecemos as persoas que compuxemos a delegación galega non gobernamental que onte se reuniu co Comité de Expertos do Consello de Europa. No tempo dispoñíbel para o encontro debullamos con moitos exemplos concretos unha situación que se resume en dúas ideas:
A Carta Europea é un tratado internacional que obriga a algunhas cousas como as seguintes:
Pois a Xunta, sen rubor, decidiu enviar onte un comunicado aos medios co seguinte titular: "A Xunta de Galicia cumpre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias".
Quen teña estómago para ler tal nivel de manipulación poderá ver que continúan tamén con outras mentiras.
a) Todo o que había de positivo no relatorio que o Consello de Europa realizou hai tres anos xa desapareceu, xa non existe.
b) Os incumprimentos da Carta aumentaron exponencialmente desde que comezou o goberno de Alberto Núñez Feijóo.
A Carta Europea é un tratado internacional que obriga a algunhas cousas como as seguintes:
- Que o modelo educativo sexa en xeral en galego no ensino non universitario e, como pouco, que exista un 50% de presenza desta lingua.
- Que haxa, como mínimo, un xornal, unha radio privada e unha televisión privada que emitan só en galego.
- Que se reciban en Galiza as radios e televisións portuguesas.
- Que se garanta o uso normal do galego nas relacións económicas.
- Que se garanta o uso normal do galego nas relacións coas administracións.
- Que se garanta o uso normal do galego na Administración de Xustiza.
- E un longo etcétera.
Pois a Xunta, sen rubor, decidiu enviar onte un comunicado aos medios co seguinte titular: "A Xunta de Galicia cumpre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias".
Quen teña estómago para ler tal nivel de manipulación poderá ver que continúan tamén con outras mentiras.
Continúa o espolio
Amencemos coa nova do roubo do Códice Calixtino, como se estivésemos vivindo un best seller danbrowniano. Lemos agora nos medios as valoracións "incalculábeis" deses manuscritos, procedentes dunha época de esplendor do reino de Galiza.
Serviranos a ausencia do obxecto para coñecermos a súa riqueza? Axudará -ironicamente- a súa falta a sabermos un pouco máis da nosa incríbel documentación medieval, vítima dun proceso histórico de destrución e espolio?
6 de jul. de 2011
O Consello de Europa, as mentiras da Xunta e os nosos dereitos
Hoxe ás 15 h un grupo de entidades galegas de diferente natureza, entre as cales tamén se encontrarán A Mesa -coma sempre, desde que se se comezaron a realizar estas reunións, hai anos- e Queremos Galego, manteremos unha reunión co Comité de Expertos do Consello de Europa encargado de facer seguimento do nivel de cumprimento da Carta Europea das Linguas.
Calquera persoa que lea ese tratado internacional tal e como foi ratificado no ano 2001 verá que en todos os seus puntos cruciais está a ser incumprido en Galiza, con letal insistencia desde que Alberto Núñez Feijóo preside a Xunta.
No ensino, na Administración, nos medios de comunicación, no ámbito socioeconómico... só podemos falar de vulneración clarísima dos dereitos lingüísticos que ás galegas e aos galegos nos son recoñecidos por tratados internacionais de obrigada aplicación no Estado.
Sobre iso -sobre a realidade!- falaremos nós. Mentres, desde a Xunta farán todos os esforzos posíbeis para evitar o anunciado correctivo. Cara a dentro de Galiza, a súa enerxía concentrarase en soltar toda a propaganda posíbel e aínda máis. Comprobámolo á perfección no comunicado enviado onte polo Goberno galego, no cal sinala que o Consello de Europa só avaliará o período 2006-08. E é mentira!
Primeiro, é falso porque o período de avaliación do relatorio elaborado polo Estado é 2006-09. Non podía ser doutro xeito, pois cando o Goberno español entregou o seu primeiro informe para este período de avaliación da Carta foi a finais de 2009. Debido a que inicialmente só o enviou en español e non en inglés, non se puido facer oficial até o verán de 2010.
E é falso tamén porque calquera persoa que lea os relatorios do Comité de Expertos dos anteriores períodos verá que non cometen o erro burocrático de se cinxiren a unha etapa que xa estivese ultrapasada. Poño un exemplo, para ser máis claro. No relatorio de hai tres anos tamén tiveron en conta o decreto do 50% ou as Galescolas, a pesar de que non chegaran a ser unha realidade antes do ano 2006. Observemos que, segundo a propaganda da Xunta, o Consello de Europa tería que falar agora do período do bipartito, xa que tería que tratar só os adiantos tímidos que se produciron na segunda metade do goberno PSOE-BNG.
Se a Xunta de Núñez Feijóo quere recibir unha valoración positiva por parte do Consello de Europa en relación cos nosos dereitos lingüísticos, non debería recorrer á propaganda e ás mentiras. O que debería facer é garantir eses dereitos!

5 de jul. de 2011
Milagre na Delegación da Xunta en Madrid!
Este serán ás 19.30 h pecho no Centro Galego de Madrid (rúa Carretas, número 13) a rolda de presentacións do libro En castellano no hay problema, na cal levaba máis dun ano.
Xa onte comentei as lamentábeis vicisitudes polas que tivo que pasar a tentativa de se realizar este evento na capital do Estado. Quérovos anunciar que desde a Casa de Galiza -a Delegación da Xunta- anunciaron onte, un par de horas despois de enviarmos o comunicado, que si disporían de días libres para finais deste mes.
Milagre de Deus! Hai que agardar a que se faga pública a denuncia e a que sexa o día antes da presentación xa organizada para que a axenda se libere maxicamente! Milagre celestial! Hai catro meses non había días e agora xa os terían para dentro de tres semanas! Milagre! Milagre!
En fin.
Pasemos a páxina polo de agora a estes lamentábeis episodios de censura, máis ao descuberto que nunca, e vaiamos á actualidade. Xa saberedes as persoas que lérades o libro antes que José Ramón Ónega que nalgunhas das páxinas do volume En castellano no hay problema me debruzo sobre a situación do noso idioma nos medios de comunicación.
A respecto disto tivemos onte unha concentración na compostelá praza do Toural, coa presenza de moitos rostros coñecidos de diferentes ámbitos sociais. A imaxe que encabeza esta entrada pertence ao momento en que o poeta, editor e columnista Miguel Anxo Fernán Vello procedeu á lectura do manifesto.
Compas, a loita continúa!
4 de jul. de 2011
Pedro J. Ramírez valora os resultados do libro Amigos e sodomitas
Cando desde a edición galega de El Mundo a xornalista Montse Dopico me solicitou unha entrevista sobre o libro Amigos e sodomitas hei de recoñecer que non agardaba que tivese repercusión a nivel de Estado. Porén, estivo na portada estatal case dous días, parece que con bastante visitas. Así me explico algúns correos que me chegaron nas últimas horas solicitando información.
Menos esperaba aínda que as conclusións deste meu libro fosen motivo de crítica e, para máis, positiva, por parte do director dese xornal. No seu twitter, Pedro J. Ramírez sinalou que lle parecía "unha moi interesante reflexión contra a homofobia", o cal agradezo.
Así que xa sabedes: Facédelle caso a Pedro J. Ramírez (nesta ocasión) e lede o libro!

Assinar:
Postagens (Atom)