a) Todo o que había de positivo no relatorio que o Consello de Europa realizou hai tres anos xa desapareceu, xa non existe.
b) Os incumprimentos da Carta aumentaron exponencialmente desde que comezou o goberno de Alberto Núñez Feijóo.
A Carta Europea é un tratado internacional que obriga a algunhas cousas como as seguintes:
- Que o modelo educativo sexa en xeral en galego no ensino non universitario e, como pouco, que exista un 50% de presenza desta lingua.
- Que haxa, como mínimo, un xornal, unha radio privada e unha televisión privada que emitan só en galego.
- Que se reciban en Galiza as radios e televisións portuguesas.
- Que se garanta o uso normal do galego nas relacións económicas.
- Que se garanta o uso normal do galego nas relacións coas administracións.
- Que se garanta o uso normal do galego na Administración de Xustiza.
- E un longo etcétera.
Pois a Xunta, sen rubor, decidiu enviar onte un comunicado aos medios co seguinte titular: "A Xunta de Galicia cumpre a Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias".
Quen teña estómago para ler tal nivel de manipulación poderá ver que continúan tamén con outras mentiras.
Nenhum comentário:
Postar um comentário