
Carlos Negreira, nada máis chegar á alcaldía da cidade da Coruña, decidiu subirse o soldo. O xesto, no serio momento actual, di moito da súa concepción do servizo público e do que na realidade lle importa o seu discurso demagóxico sobre a crise.
Xustifica que teña que cobrar máis que o seu predecesor no cargo e un 16% máis que o alcalde dunha urbe máis habitada -como é o caso de Vigo- porque A Coruña é "a cidade galega máis importante". Tremenda capacidade de argumentación. Tremenda desvergoña.
O PP tiña que ser...
ResponderExcluirSi, Anónimo, non sei como non lles cae a cara cando falan de tanta "austeridade" falaz.
ResponderExcluir