18 de jul. de 2011

É un desprezo consciente

Todos os principais soportes gráficos da súa campaña electoral estiveron en galego, como na foto. O PP sabe que Santiago de Compostela é unha cidade máis sensíbel á lingua galega e por iso mantiveron aquí a carauta de galego coma ti.

Agora, unha vez conseguida a alcaldía, o que na campaña era "Xerardo" fai brillar o galego pola súa ausencia nas súas intervencións oficiais, igual que na da maioría do seu grupo de goberno.

Poderase matizar que Conde Roa si fixo parte do seu discurso de investidura en galego. Si, é certo. Comezou en galego, pasouse ao castelán e de aí -até onde eu sei- xa non se apeou. O bilingüismo de sempre: Una vez al año, que no hace daño.

Desde A Mesa entregamos hoxe un escrito no Rexistro do Concello solicitando unha entrevista co alcalde e instándoo a que rectifique canto antes. Porque, como presidente da corporación, ten obrigas ineludíbeis.

Cómpre subliñar que se non usa o idioma de Galiza e de Santiago de Compostela non é por un problema de alfabetización. Sabe galego, mais négase, conscientemente, a darlle carta de normalidade e de valor como lingua oficial. É un desprezo que se debe corrixir canto antes.

4 comentários:

  1. Tes razón, ten máis delito porque coñece a lingua, pero, non están a cometer delito os gobernantes dun país que non coñecen a lingua nin teñen pensado coñecela? ou que falan castrapo para desvirtuala?.
    O dos Peares cada día mete máis a zoca, e penso (eu son moi mal pensada) que o fai dunha forma consciente e adrede.

    ResponderExcluir
  2. carlitos eres moi cansino.

    ResponderExcluir
  3. O de falar tan mal o galego eu non sei se o farán adrede ou non, se non será que verdadeiramente non o saben falar. Sexa como for, o que si que é claro é que non teñen vontade ningunha, nin de falaren o galego nin de falalo ben, porque se se esforzasen, falaríano -a primeira cousa- e despois falaríano mellor. Pero o galego non lles importa. Non teñen consciencia lingüística nin consciencia cultural nin consciencia social.

    ResponderExcluir
  4. Dilaida: Difícil escoller quen o fai peor. Tes toda a razón.

    Anónimo 1: Grazas.

    Anónimo 2: É boa verdade que non lles importa. Mesmo lles resulta unha molestia que existan a lingua e a cultura galega.

    ResponderExcluir