Esta fotografía publícaa hoxe a Voz de Galicia da edición da Barbanza e Muros-Noia para ilustrar unha ampla entrevista de María Xosé Blanco sobre a saída do libro Amigos e sodomitas (que se presenta hoxe ás 19 h en Ribeira) e tamén sobre a situación do noso idioma.
A igrexa que aparece detrás é a de San Paio de Carreira, a onde acudía meu pai cando era pequerrecho, xa que naceu no lugar de Laxes. Escollín ese espazo non só por esas vinculacións afectivas e familiares, senón tamén porque un dos capítulos do libro está dedicado á advocación dese mártir galego.
Se andardes hoxe por Ribeira, xa sabedes que hai numerosos actos para celebrarmos e reivindicarmos o Día do Orgullo LGTB. Poucos concellos do mundo das dimensións desta vila teñen un programa tan amplo! Xa sabedes: os actos comezan ás 16 h na Taberna do Riaso e estenderanse até as 3 da mañá na festa no aparcadoiro da UAD en Coroso.
Gustaríame ir, pero a miña economía de estudiante non da para tanto, a pesar de que me leva o mesmo tempo que ir a Santiago. En fin, sorte na presentación.
ResponderExcluirInsisto, Carlos; creo que o nome do xornal é La voz de Galicia, non "a voz". Se queremos ser respectados debemos comezar por respectar o dos demais.
ResponderExcluirUn saúdo e moita forza!
Grazas, María, polo apoio e o afecto.
ResponderExcluirHugo, ben sei que ese é o nome do xornal, que utilizo decote e sempre completo para os usos formais. Agora ben, para a entrada do blogue preferín non pólo completo.
Por certo, en español podes ver varios miles de entradas falando de "el New Yorker" ou "el Washingon Post". É normal.
Onde poño por última vez "entradas" quería pór "ocorrencias en google" ;)
ResponderExcluir