22 de jul. de 2011

No curso de verán sobre dinamización lingüística


Coa inminente saída do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos (se non está mañá na túa libraría, estará para a semana seguinte, se é que a túa libraría distribúe novidades en galego); coa saída do libro, digo, desde a CTNL e a Universidade da Coruña convidáronme a participar hoxe, fóra de programa, no seu anual Curso de Verán sobre dinamización lingüística.

Primeiro, será unha honra para min presentar ás 10 da mañá a Gemma Sanginés, coautora do libro Sortir de l'armari lingüístic, unha obra de que bebín moito para escribir a primeira parte de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.

Despois, xa cara ao mediodía, farei o que podemos chamar unha "previa" da presentación do libriño, antes do acto que se vai desenvolver o 24 de xullo no Festigal.

Defendamos os nosos dereitos lingüísticos!

Nenhum comentário:

Postar um comentário