
O libro
Como defenderes os teus dereitos lingüísticos presentarase no cadro do Festigal 2011, o día 24 de xullo ás 18.30 h. Como cada ano, este evento desenvolverase no Campus Sur (agora, oficialmente, e só oficialmente, chamado Campus Vida) de Santiago de Compostela.
No acto de presentación participarán:

Dalila Dopazo. Maxistrada do Xulgado do Social en Lugo.

Anxo Louzao. Secretario nacional da CIG-Ensino.

Carlos Outeiro. Responsábel da Mesa en Ferrolterra e membro da Xunta Directiva Nacional.

Manuel Bragado. Director de Edicións Xerais.
Se vas asistir ou estás a pensar en facelo, podes deixar testemuño diso neste
evento do facebook.
Nenhum comentário:
Postar um comentário