13 de jul. de 2011
Propostas para vivirmos en galego
Hai quen quere cansarnos e facernos pensar que o futuro do galego está decantado cara ao patíbulo. Mais nin a desaparición nin a recuperación dunha lingua son nunca procesos espontáneos. Podemos intervir e rectificar a situación actual, porque cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posíbeis.
Este libro, que se comezará a distribuír a semana próxima, propón que protagonicemos no noso día a día a revitalización do noso idioma a través de pequenas accións, concretas e realizábeis. Porque os pequenos xestos poden orixinar grandes transformacións.
Para iso, formúlase unha operativa guía de conduta para vivirmos en galego, chámase a un consumo responsábel co noso idioma e faise un repaso moi claro e por sectores dos dereitos lingüísticos que se nos recoñecen.
A existencia de miles de galegas e galegos que non están dispostos a renunciar aos seus dereitos lingüísticos é a maior esperanza para superarmos a difícil situación actual. Isto centra o compromiso individual como protagonista para conquistarmos o futuro. Isto apélanos a ti e a min. Se non actuamos nós, ninguén o vai facer por nós.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário