29 de jul. de 2011

Reflexionemos sobre o noso patrimonio

Pensade no Códice Calixtino.

Pensade agora na Cidade da Cultura.

Pensade agora no noso patrimonio caendo a cachos.

E agora mirade este traballo voluntario:







Um comentário:

  1. Graciñas, Carlos.
    Para O Sorriso de Daniel, que ten ano e medio de vida e polo tanto está botando a andar, foi seguramente unha das cousas máis satisfactorias que fixemos. Houbo un importante seguimento por parte da prensa e como dicía o secretario da asociación dos veciños Santo Estevo "o imposible xa o fixemos, o probable é o que nos queda por facer". Porque alí en Pardollán, nunha aldea con escasa cobertura, conseguir que a Sexta, onda cero, a Radio Galega, La Región, La Voz de Galicia, El País, Xornal de Galicia... se interesasen pola igrexiña parecía un milagre. É o milagre do románico galego que despois de 800 anos sobrevive só cando os veciños e veciñas botan mal del. Iso foi o que fumos nós facer alí: sermos veciños e veciñas da parroquia que ten a igrexa románica máis antiga da Diócese de Astorga e que casualmente está no concello de Rubiá de Valdeorras.

    ResponderExcluir