En Ponteceso foi un pracer coñecer en directo o proxecto da Tenda dos Libros e á xente de diferentes xeracións que asistiu ao acto. Resultou ademais unha reunión moi produtiva e participativa, xa que todo o mundo que alí estivo deu a súa visión da situación e comentou vivencias persoais ao respecto.
Deixo aquí dúas ligazóns a edicións comarcais de La Voz de Galicia que recolleron ambos os eventos:
- "Manual de Callón para vivir en galego".Agardo pendurar axiña a entrevista en Localia e fotos de ambos os actos. Mentres, avísovos de que a vindeira presentación deste libriño será en Lalín o 21 de outubro.
- "O pracer de enfrontarse a un bo libro".
Nenhum comentário:
Postar um comentário