Aínda non teño nin tablet nin e-book para ler nese formato. Supoño que me terei que acabar adaptando e que lle verei no seu día as cousas boas que, polo momento, cos meus hábitos, non lle vexo.
Hai algunha xente que pon moita énfase na carencia do tacto e, sobre todo, do olor do obxecto libro. Como non, hai quen viu niso un posíbel mercado e sacou o
remedio, que podedes ver na imaxe da esquerda e que xa tivo algunha curiosa
contestación.
Que mundo este!
Nenhum comentário:
Postar um comentário