Hoxe, 19 de outubro, hai os dous anos da entrevista que me realizou Carlos Luis Rodríguez na TVG, despois da histórica manifestación convocada baixo o sinxelo e profundo lema Queremos Galego!
Desde ese día até hoxe, mesmo con varias mobilizacións posteriores, nunca máis a televisión pública de Galiza volveu a acoller unha entrevista nin comigo nin con ningún dos dirixentes ou portavoces da Mesa pola Normalización Lingüística (recordemos: a maior asociación cultural de Galiza) nin da plataforma unitaria Queremos Galego (que agrupa máis de 700 entidades de diverso tipo).
Que cada quen tire as súas conclusións.
E aínda por riba tampouco é que fose unha gran entrevista, non podo aturar a ese señor como moderador.
ResponderExcluirModerador, ha, ha, ha. É totalmente partidista e sectario. Foi unha vergonza, só faltou Gloribífida de comadre...
ResponderExcluir