Onte dei en pensar que en Galiza deberiamos adaptar á nosa realidade aquilo que a nivel estadounidense e internacional se fai co Project Censored. Nese programa, impulsado desde 1976 pola Universidade Sonoma State de California, elaboran un relatorio anual de 25 noticias de grande importancia que son silenciadas, reducidas ou terxiversadas.
Para o caso galego podemos centrarnos naquelas novas que padecen a mesma exclusión ou manipulación nos informativos da TVG. Seguramente sexa difícil escoller, xa o sei, mais de momento, para 2011, eu vou propondo estas catro:
- A denuncia da CIG de que a Xunta de Galiza deixa sen atención sanitaria as persoas con menos recursos e desempregadas saíu en medios de todo o Estado... mais non nos telexornais! Ollo, non saíu nin a denuncia da CIG nin a réplica que a Xunta e o PP están a dar aos medios que os interpelan. Directamente non existe! Por que será?
- As protestas en defensa da lingua volveron a padecer a tesoira censorial. Queremos Galego saíu á rúa, mais se vías os telexornais non sabías para que!
- Agustín Fernández Paz trouxo para as nosas letras un prestixioso premio internacional. É un fito que se lembrará nas historias da literatura, mais non tivo nin medio segundo nos telexornais. Hai preguntas que aínda están de actualidade: Para que un libro sexa noticia nun telexornal fai falta ser do PP ou abonda con non escribilo en galego?
- Houbo protestas no ensino neste curso? E foron maioritarias? Iso dilo porque participaches nelas, porque se lle botases un ollo á TVG pensarías o contrario.
Falta pouco máis dun mes para que termine o ano. Vós que outras noticias proporíades para esta listaxe?
As principais propostas serán sometidas a votación para escollermos as 25 novas máis censuradas polos telexornais no ano 2011.
O feche dos servizos de normalización do Barco, de Ames e de Dodro.
ResponderExcluirGaliza lidera a destrución de emprego no estado español
ResponderExcluiros incêndios e a diminução dos serviços de extinção
ResponderExcluirAs políticas de subvencións as médios de prensa afíns e non afíns ao poder da Xunta.
ResponderExcluirO peche de Galicia Hoxe, Xornal, A Nosa Terra... :(
ResponderExcluiro tratamento das protestas dos traballadores da RTVG!
ResponderExcluirSe vale internacional, como se contou a guerra de Libia.
ResponderExcluirAs protestas da xente do teatro.
ResponderExcluirA normativa de permanencia
ResponderExcluirCallón, se contas por separado cada nota que enviou a MESA e non saíu xa tes unhas cantas máis.
ResponderExcluirOs actos do Orgullo Gai.
ResponderExcluirO de Urdangarín como vai?
ResponderExcluirFeminismo e Núñez Feixó non casan moi ben. Outra para a cesta.
ResponderExcluirUnha sobre a propia manipulación dos medios de comunicación galegos (RTVG, e a prensa subvencionada) desde a Xunta: Feijóo dítalles as noticias que deben aparecer: cabeceira, lonxitude, lugar etc., sobre:
ResponderExcluir.-A conselleira de sanidade (louvanzas, claro, é o que ten de saír publicado)
.-Os incendios (non existen, claro)
Se non se escribe o que Feijóo quere e como Feijóo quere, non hai subvención.
.-etc.
A zona ZEPA A Limia:
ResponderExcluirDesde a súa creación no mes de novembro do ano 2009 (por presión europea, non por desexo da Xunta de Feijóo nin do cacique local) non se ten feito absulutamente nada desde a Xunta: nin un letreiro, nin información, nin divulgación, nin educacion..., absolutamente nada! cero medidas de xestión neste espazo natural!, como se non existise. O silenciamento é tal, que nin tan sequera hoxe aparece na web da Xunta : http://mediorural.xunta.es/areas/conservacion/espazos_protexidos/rede_natura_2000/
Veredes que nas zonas ZEPA galegas aparece a Baixa Limia, pero non A Limia, que ten 6939 ha de ZEPA e 7559 ha máis de Zona Periférica de Protección. Parece que non se quere que ninguén saiba que ese espazo natural existe.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/reconocido/simpatizante/PP/presento/especial/TVG/elpepuespgal/20111121elpgal_8/Tes
ResponderExcluirAs indemnizacións millonarias para os exdirectivos de Caixa Galicia e Caixanova.
ResponderExcluirDeberías incluír en xeral o que aconteceu nestes dous anos, desde a censura da Caixa Negra sobre as Vacas Tolas. Houbo moitas desfeitas.
ResponderExcluirMoitas grazas polos comentarios. Compartamos para quebrar a censura!
ResponderExcluir