
Hai un par de semanas entregáronme en Castro Caldelas o premio Vicente Risco de Ensaio polo libro Amigos e sodomitas. Deste evento fixéronse eco as edicións de Ourense e da Barbanza de La Voz de Galicia.
Na obra explícase, partindo de documentación sobre todo galega, que a homofobia non é eterna, senón que xorde nun tempo concreto, aínda que nestes momentos continuemos a pagar a hipoteca desa intolerancia que non ten nin mil anos de existencia. Ademais, nun dos capítulos comento o caso do matrimonio en Rairiz de Veiga hai 950 anos entre Pedro Díaz e Muño Vandilaz.
Escoitando o que lle hai que escoitar estes días aos dirixentes do PP danme unhas ganas de lle enviar a Mariano Rajoy un exemplar do libro!
En castelán, claro...
ResponderExcluirA
En castelán, que "no hay problema". Porque o que é o galego para Rajoy, pouco.
ResponderExcluirDefinitivamente, terei que enviarllo...
ResponderExcluir