23 de nov. de 2011

O galego, 36ª lingua en twitter; o portugués, a 2ª


Publicouse un mapamundi cos datos das linguas en que tuitea a xente. A información que se proporciona é valiosa, aínda que non sexa totalmente fiábel, senón só tendencial (non inclúe todos os tuiteos, senón só os xeolocalizados).

Para o noso caso hai tres conclusións de grande relevo:

1) O portugués é a segunda lingua en que máis se tuitea do mundo, tal e como apuntaran xa diversas pesquisas. A primeira con diferenza, como se podería agardar, é o inglés.

2) O galego figura como a 36ª lingua nesta listaxe, xusto detrás do chinés de Taiwán e diante do suahili, o hebreo, o croata e o búlgaro. Lamentabelmente, no mapa é imposíbel de diferenciar, xa que español e galego teñen case a mesma cor :S

3) En twitter, a comunidade lingüística galega é a terceira máis importante do Estado español. O catalán sobrancea moito no Principipat e ten tamén vitalidade no norte de Castelló. O éuscaro, é triste, case nin figura (de feito, está fóra desa listaxe dos 40 idiomas en que máis se tuitea no mundo).

6 comentários:

  1. O español é 4º, dous despois do portuga!

    ResponderExcluir
  2. Si, é verdade, Anónimo.

    É interesante confrontar que o omnipresente español non o é tanto. Está xusto despois do indonesio e antes do malaio, dous idiomas que disque existen e teñen moita vitalidade, aínda que nestas latitudes non se saiba nada deles (nin música, nin cinema, nin nada). O "plurilingüismo" non é para todo. Nin tan sequera para que en Galiza poidamos coñecer o estándar do "perigoso" segundo idioma máis usado en twitter...

    ResponderExcluir
  3. E como o saben? En twiter non hai opción de galego, eu teñoo en portugués.

    ResponderExcluir
  4. ERES BICHERIA, O QUE ME JODE E QUE TE ESTAS GANANDO A VIDA CON ESTO.

    ResponderExcluir
  5. "eres"
    "jode"
    "te estas"
    "ganando"
    "esto"

    mmmm, fuches sempre así de listo ou é que xa se notan os recortes na educación?

    ResponderExcluir
  6. O de "te estás" está ben porque é unha subordinada. "Esto" seguramente sexa da súa variedade dialectal.

    ResponderExcluir