30 de dez. de 2011
16 anos atrás
Estivemos estes días co traslado do local nacional da Mesa, que desde a semana vindeira muda para a Avenida de Lugo, 2A - entresollado, en Santiago de Compostela (a carón da estación do tren). Ao ter que remexer en moitos papeis, encontrei con esta contraportada de El Correo de las Rías, un suplemento que hai tempo editaba El Correo Gallego.
Alí fálase, como podedes ver, de moitos proxectos en favor do noso idioma desde A Mesa pola Normalización Lingüística na localidade de Ribeira: contra a prohibición do seu uso normal no Colexio de Palmeira que realizara a Xunta de Fraga Iribarne, con actividades para galeguizar as festas do Nadal, de apoio ao comercio en galego, ás autoescolas, de reivindicación perante a desidia das administracións, etc.
Na imaxe, ademais doutras compañeiras e compañeiros da Mesa de Ribeira, está tamén, colaborando como un socio máis, o falecido cura de Aguiño, Paco Lorenzo, que para alén de ser pioneiro no uso do noso idioma na liturxia sempre apoiou os proxectos que se crearon en defensa do país, en favor das maiorías sociais, das máis desfavorecidas e dos máis desfavorecidos.
Continuamos!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Sempre é necesario lembrar quenes somos nesta procura de nortes confusos, a estela debullada é a que marca o noso pricipio
ResponderExcluirDon Francisco. O profesor que nos trouxo polas aulas á Freud, a Sartre,... e eran as aulas de relixión!. Un gusto volver a lembralo. Excelente persoa.
ResponderExcluir