O españolismo botou as mans á cabeza ao ver que o manual reproducía unha idea que quererían que non fose realidade. O argumento que utilizaron é que o libro debería censurarse porque non se dicía que o español era oficial.
Mais, claro, se imos consultar a anterior páxina dese mesmo libro de texto, a 56, encontrámonos con que, no mesmo ángulo superior dereito se di "A Constitución establece que o castelán é a lingua oficial de España". Aquí o podedes ver:
Mobilicémonos para deter esta caza de bruxas contra a existencia e o recoñecemento da nosa cultura!
Hoxe, ás 17 h temos unha cita na praza do Toural!
Porque o galego é a lingua propia de Galiza!
Por fin podo ver o libro. Gracias. Por que non amosan esto os xornais que publican artigos sobre a denuncia do UPyDeiro?
ResponderExcluir