14 de dez. de 2011

O Correlingua e os equipos de normalización "adoctrinan a los jóvenes para que sean futuros terroristas"



Sen a máis mínima vergoña, sen a máis mínima ética, a caza de bruxas continúa.

Mobilicémonos contra a criminalización da nosa cultura!

Mobilicémonos en defensa do galego!

As próximas citas son mañá ás 11.30 h diante da sede do Valedor (rúa doHórreo, en Compostela) e o sábado ás 17 h na praza do Toural (tamén en Santiago).

7 comentários:

  1. Esta xente ten un problema moi grave :-(

    ResponderExcluir
  2. ...sé terrorista, fala galego.

    Xa estamos a perder a cordura.

    ResponderExcluir
  3. Os auténticos terroristas son a xentalla que di esas grandísimas mentiras a respecto dos equipos de normalización e que produce eses vídeos.

    ResponderExcluir
  4. Pois ogallá estas afirmacións tiveran como resposta, tamén, unha demanda xudicial.

    ResponderExcluir
  5. Eu pregúntome por que o nacionalismo español é tan agresivo. E por que non nos poden deixar ser, tranquilamente, en paz.

    ResponderExcluir
  6. Pero qué tonterías son as que temos que aturar neses programas. Eu fun moitas veces ao correlingua cando era un cativo, e do que menos estaba preocupado era de que bandeira levaban a xente, e para min non estaba facendo ningunha manifestación. Era como un xogo en defensa da nosa lingua. Paréceme vergonzoso. Pero o peor de todo é que crean o que están dicindo...

    ResponderExcluir
  7. Son tan tristes na tv esta da igrexa, que teñen que dicir estas burradas pra facer un pouco de ruído. Eu xa prefiro pasar deles, que non os ve nin o cura.

    ResponderExcluir