16 de fev. de 2012

Entrevista na Cadea Ser

A partir do minuto 16 podedes escoitar aquí a entrevista que a xornalista Aida Pena me realizou para a Cadea Ser Galiza no serán do pasado 14 de febreiro.

Hai moitos anos que, como presidente da Mesa, como portavoz de 4.000 galegas e galegos que conforman a maior asociación cultural de Galiza, non teño unha entrevista semellante, de nove minutos (nin de seis nin de catro nin de...), na Radio Galega.

Sirva esta entrada para agradecer a posibilidade fornecida para nos podermos expresar e podermos ofrecer tamén a nosa visión das cousas.

2 comentários:

  1. Na Radio Galega unha entrevista así sería imposíbel.

    ResponderExcluir
  2. O dos 4.000 galegos que forman parte da Mesa todo o mundo sabe que é un conto, que contas xente morta, que non paga as cotas, etc.

    De ser certa esa cifra coa conseguinte representatividade e activismo na nosa sociedade, nin gañaría o PP unha e outra vez, nin o BNG iría polo camiño de facerse extraparlamentar. A Mesa está controlada por xente de ideoloxía extremista --como ti que chegaches ao estremo de asinar contra a ilegalización de HB da que despois os tribunais dixero que era equivalente a ETA-- e sendo os galegos xente moderada, a presencia de nazis ou upgallos é residual na nosa sociedade.

    ResponderExcluir