Desde A Mesa demos a coñecer hoxe a convocatoria do premio Abertos ao Galego. Aínda que é un galardón pensado para distinguir empresas comprometidas co noso idioma, como podedes ver nas bases todas e todos temos o convite para enviar propostas.
Abrámonos ao galego! Consigamos que tamén máis xente se abra ao idioma que nos une!
Dubido eu que haxa moitos empresarios que consideren un elemento de prestixio ter un certificado dunha asociación tan radical como a Mesa, que ninguén pon en dúbida que está controlada polos liña dura do bloque.
ResponderExcluirPor outra banda chámame a atención esa dobre linguaxe da Mesa, como querendo dar a entender que en lugar de ser unha asociación privada, ten algún carácter público. Lembro aquela campaña cando anunciaron que "abrían expedientes"; e agora vexo que "certifican", como se un certificado fose un documento trivial e se poidese outorgar como premio.
O anterior, para pensar que non vai ser importante, ben que gasta o seu tempo en comentar.
ResponderExcluirEu xa enviei a miña proposta.
Aínda non te enteraches que che estou tomando o un pouco o pelo. Non home, o problema é que pensades que a xente é imbécil e para os que non militamos en nada, e queremos seguir así até o fin dos nosos días, ten o seu aquel botar unhas risas.
ResponderExcluirFai falla ser un pouco "cortito" para crer que alguén vai considerar auténtico eso de "eu xa enviei a miña proposta". Imaxinemos que o autor, anónimo das 7:09, é un político, militante, con carné, etc. ¿Alguén imaxina estar nestas mans, con ese nivelaso, nas de alguén que considera que a xente é, básicamente, imbécil? Non é que Feijoo sexa un crack, que na miña opinión non o é. O problema está no nivelaso da oposición que son para botarse a tremer e saír correndo.