Ya en la presidencia el nuevo Alcalde pronuncia en gallego unas breves palabras agradeciendo el honor que con el cargo recibía y anunciando la imparcialidad con que lo ejercería.Así recolle a acta do Concello de Santiago de Compostela o momento en que, por vez primeira na Idade Contemporánea, un alcalde fixo uso institucional e solemne do idioma propio de Galiza. Era o 23 de febreiro de 1936 e a nosa lingua aínda estaba proscrita de calquera uso oficial, motivo polo que xestos coma este cobran aínda unha maior importancia.
O alcalde nacionalista de Santiago de Compostela en 1936, asasinado poucos meses despois polos insurrectos, iniciou así unha tradición que tería continuidade décadas máis tarde. Todos os alcaldes democráticos da capital de Galiza usaron o idioma do país no exercicio dos seus cargos. Mellor dito, isto foi así até Xerardo Conde Roa, que na actualidade despreza o galego de xeito consciente e meditado, mesmo en actos protocolarios onde os representantes doutras institucións si o usan.
Por ese motivo, mañá pola mañá estarei cun grupo de veciñas e veciños de Compostela que lle van pedir ao alcalde que use a lingua galega. Non lle poderemos trasladar a petición directamente porque, a pesar de que ten a solicitude de entrevista entregada por rexistro desde hai meses, non quere nin recibirnos. Rechamante proceder de quen xa tivo tempo para intercambiar opinións e complicidades cunha entidade que ten como único e lamentábel motivo da súa existencia atacar o galego.
As veciñas e os veciños con quen estarei mañá, ademais de faceren entrega dun escrito, deixarán tamén o seu propio testemuño de vida: son persoas procedentes de fóra de Galiza (Arxentina, Francia, Cataluña...), mais que saben galego, queren usalo e consideran que o alcalde de Compostela tamén debería dar exemplo na defensa do noso. Non é tanto pedir!
Que cada quen use a lingua que lle pete. Por outra banda o galego vai a menos en Santiago e o normal é que o alcalde tamén quera acercarse aos veciños que consideran unha lingua con mais posibilidades o castelán e a empregan.
ResponderExcluirUn cargo público ten obrigas. Non pode facer ou deixar de facer unha cousa por capricho. Apoiar o noso idioma é a súa obriga e tamén é o noso dereito.
ResponderExcluirUn cargo público ten que empezar por non mentir. Se a súa lingua habitual é o castelán e se expresa en galego e so emprega esta lingua nas súas comparecencias públicas, está facendo unha posta en escea, está mentindo ¿que pasa porque se exprese en castelán? ¿pero é que non van ser maioría os composteláns aos que lla refanfinfle a lingua na que se exprese o alcalde con tal de que o faga ben, que é o que importa? Non sei que terá o Conde Roa, pero todos os extremismos o critincan. Por un lado os da U xunto con independentistas e mais, sempre con chorradas de que se baila a samba no Obradoiro, ridiculismo e esixencias intolerables nun país democrático (no me refiro ás democracias "populares"); polo outro, coñezo a algún compostelán do opus ou próximo a, que te conta uns rollos da súa vida, que evidencian que tampouco o tragan. Todo o cal me ven a dicir que Conde Roa debe ser un tío bastante normal, moderado, que non é de extremos.
ResponderExcluirAs formas recoñezo que poden ter a súa importancia, pero nunca poden chegar a ser obsesivas. Tolerancia, deixar dentro do marco da lei que cada quen faga o que lle saia do orto...
Refíreste ao "momento en que, por vez primeira na Idade Contemporánea, un alcalde fixo uso institucional e solemne do idioma propio de Galiza".
ResponderExcluirPenso que so teñen ocasión de equivocarse os que traballan, e sen dúbida calquera se equivoca. Era alcalde accidental da Coruña en 1931, Juan González Rodríguez, e publicou un bando en galego, o seu fillo di que o primeiro:
Como detalle anecdótico, cabe señalar que D. Juan González publicó, el 24 de julio de 1931, con motivo del Día de Galicia, el primer bando municipal en lengua gallega que se dio en nuestra región
González Catoyra, Alfonso: Alcaldes coruñeses. Lacoru : Vía Láctea, 1995, 76.
Anónimo 1 e Anónimo 3: O Anónimo 2 xa sintetizou por que non é certo o que dis. O alcalde ten obriga de defender a nosa lingua e a nosa cultura e de cumprir co disposto na Lei de uso do galego na administración municipal, a Lei de normalización lingüística, etc.
ResponderExcluirAnónimo 4: Moi boa información. Non me refiro, porén, aos usos escritos (nin tampouco á oralidade coloquial, onde o galego tiña que ser forzosamente moi usado). O salientábel é que -até onde eu sei- é Ánxel Casal o primeiro alcalde de Galiza que intervén falando publicamente en galego nun acto solemne; algo que non deixaría de facer mentres lle foi posíbel. Obrigadísimo igualmente pola achega!
Qualquer cargo público tem que saber falar a língua própria do país, e sabê-la falar bem. Umha cousa é o galego e outra o castrapo. Em geral, o galego utilizado pola maioria dos nossos políticos é lamentável, incluídos os do BNG, excepto alguma honrosa excepçom.
ResponderExcluirOra bem, eu pergunto, o anterior presidente da Câmara Muncipal, o senhor Bugalho,em que língua falaba? Com isto quero dizer que pararabenizo à Mesa por instar o senhor Conde Roa para falar em galego, mas também há que exigir falá-lo corretamente. Atitudes como a do Bugalho nom contribúem a prestigiar a nossa língua.
"Qualquer cargo público tem que saber falar a língua própria do país, e sabê-la falar bem"
ResponderExcluirAnónimo das 10.57 ¿En que disposición legal ven recollida esa obriga?
Esa obriga vén no Estatuto de Autonomía alén de na Lei de Normalización Lingüística . Pero claro, sempre queda mellor saltarse a lei á toureira!
ResponderExcluirNon é certo o que dis. Se o fose, poderías citar un artigo da LNL ou do EAG nos que se obrigase a empregar o galego aos cargos públicos, e non o fas.
ResponderExcluir