Carlos Callón: “Defendemos o galego para tratar de evitar que haxa cidadáns de segunda”
Carlos Callón, presentou onte en Ferrol o seu ensaio “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” (Edicións Xerais). Callón falou do seu traballo na sede da Sociedade Galega de Historia Natural, na praza de Canido, acompañado de Xaquín Campo, párroco de Mandiá e portavoz da plataforma Queremos Galego, e Carlos Outeiro, responsable en Ferrolterra da MNL.
Manual práctico
Callón sintetizou que o ensaio era “un manual práctico de consellos para que quen desexe usar o galego na Administración, notarías, etc., saiba cales son os seus dereitos. É un volume moi práctico que nace da experiencia de socios e amigos da Mesa. O libro nace desa experiencia colectiva, aínda que o asine eu”.
Gañador do premio Redelibros ao mellor ensaio de 2011 e finalista actualmente do premio da Asociación Galega de Editores, “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” supoxo para Callón “unha alegría amosada por moita xente que puxo en práctica os consellos ou que solucionou un problema sen custos persoais”.
Neste sentido, o presidente da MNL fixo referencia ao proceso no que el mesmo está inmerso por defender a legalidade fronte a un maxistrado coruñés. “Hai situacións que son unha farsa e aquí se ve o desamparo xurídico do galego: quen defende a legalidade ten que ir a un xuízo. Nós o que estamos facendo é tratar de que non haxa cidadáns de primeira e de segunda polo uso do seu idioma, algo que non sempre é fácil desde a propia administración autonómica, que ten a obriga de defender o seu uso”. Neste sentido, Carlos Callón exemplificou a súa crítica: “En maio de 2010 o señor Feijóo presentou un programa informático que impide o uso de galego. Antes xa non era fácil pero esta ferramenta impídeo. Unha administración non pode vulnerar os nosos dereitos”.
Finalmente, o responsable da Mesa quixo ser optimista verbo do futuro do galego e comentou que “se a xente segue a mobilizarse na rúa, reclamando os seus dereitos, o galego pode ter futuro porque, é o que nos une”.
5 de mar. de 2012
“Defendemos o galego para tratar de evitar que haxa cidadáns de segunda”
O pasado sábado, tras a presentación na cidade de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, o Diario de Ferrol publicou a seguinte noticia. Obrigado pola atención!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
"quen defende a legalidade ten que ir a un xuízo"
ResponderExcluir1) Dito o anterior por un comunista, soa estrano. Que eu saiba un comunista considera á democracia liberal e a súa legalidade como un instrumento para chegar ao poder, e copalo, montando un réxime totalitario como o de Corea. Estamos acostumados a que a dereita sempre acepte as resolucións xudiciais e as acate. Na esquerda se esas resolucións son favorables, se empregan de xeito propagandístico como argumento de autoridade; se son contrarias, é porque os tribunáis son feixistas e o demo. Fago agora o acordo que a legalización do PCE se produxo presentando aos militares un informe xudicial, que era favorable á legalización. Como os militares eran de dereitas e tiñan por norma aceptar as resolucións xudiciais, acataron, algúns a disgusto, o informe e a conseguinte legalización do PCE.
2) Con independencia de que che desexe sorte --eu non son como os da memoria histórica que nun momento desgraciado como foi a morte de Fraga emitiron un comunicado ou similar que se titulaba "¡Obituario con hurras!" que xa fai falla ser bestiñas-- digo que con independencia de que che desexe sorte, discrepo. O xuizo non é por defender a legalidade, senón por calumniar ou dicir algo inveraz, consistente en atribuir a Fraga Mandián no medio dun xuizo oral: "no tengo ningún rubor en usar la ILEGALIDAD del topónimo La Coruña", para preguntarse de seguido algo así como ¿cantas outras ilegalidades non terá o rubor de cometer ou defender (non o lembro ben)? Resulta que na acta do xuizo oral non aparece para nada a palabra "ilegalidade".
Para min foi unha metedura de gamba, das que podemos cometer todos, que tendo un discurso non agresivo se podería rectificar, pedir desculpas, dicir que se recibiu unha información inveraz, e asunto solucionado.