10 de mar. de 2012
Finalista dos premios AELG 2012. Obrigado!
Onte déronse a coñecer os finalistas dos premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega para este ano. Como defenderes os teus dereitos lingüísticos figura na categoría de ensaio, xunto con Vivir, unha aventura irrepetíbel. Biografía de Mª do Carme Kruckenberg, de Mercedes Queixas Zas, e Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), de Francisco Rodríguez. Con eses dous pesos pesados da nosa cultura é moi difícil que este manual de autoaxuda lingüística leve o galardón, mais quero agradecer moitísimo xa o feito de que as escritoras e os escritores, agrupados na AELG, o considerasen merecente para estar de finalista.
A verdade é que aínda non puiden ler ese título en concreto da gran Mercedes Queixas, sempre tan dinámica, amigábel e loitadora, mais tentarei facelo canto antes. A obra do Francisco Rodríguez si que a coñezo máis de perto e só podo cualificala como maxistral e recomendar a súa lectura (non vos deixedes asustar polas súas dimensións). Ademais, para min, que tan importante me foi na adolescencia a Análise sociolóxica da obra de Rosalía de Castro, do mesmo autor, xa podedes supor a alegría que me supón compartir podio por este volume que é a súa ampliación e continuación.
Viva a nosa cultura viva!
Continuamos!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Qué comedia... O bloque e a esquerdallada en xeral teñen a manía de pensar que a xente é imbécil, así crean asociacións sectoriais, de tal xeito que a bloqueirada do sector copa esa asociaión; como é o caso da AELG presidida por un comunista do Bloque, Cesáreo. Cando o partido lles manda (ou sen mandarlles), fan comunicados, ou dan premios, lóxicamente aos amiguiños, como se tivesen algún valor cando o que realidade fan é darlle bombo aos seus, como se as produccións súas fosen as mellores porque uns se premian a outros.
ResponderExcluir