25 de mar. de 2012

Noite electoral. Tomemos nota en Galiza


Nos resultados de Andalucía e Asturias vese que o ciclo "de arrase" do PP comeza a decaer. É preocupante para os dirixentes deste partido, xa que ao longo de 2011 conseguiron uns resultados aplastantes en municipais, autonómicas e xerais. Tamén hoxe ían varrer, mais non varreron. Nada facía prever a viraxe.

Para Núñez Feijóo, o acontecido esta noite é motivo de especial preocupación. Falta pouco para as autonómicas galegas e os principais mazazos do Goberno central, a través dos orzamentos xerais, aínda están por se presentar. Por moita propaganda que empreguen, a realidade é a que é.

Tomemos nota en Galiza e traballemos con enerxía e intelixencia para podermos pasar páxina ao desastroso goberno que levamos padecendo nos últimos tres anos.

É posíbel parar o PP!

Poñámonos mans á obra!

3 comentários:

  1. Si tes razón. Hoxe tamén debería tomar nota destes resultados a oposición galega e pórse ao día. Feijóo xa hai días que empezou a traballar para as próximas eleccións, non hai máis que ver a Galega todos os días, para darse conta que está a mercar vontades.

    ResponderExcluir
  2. Canto optimismo! pero se nestes momentos aquí non hai oposición. Se xa o pobo galego ten unha carencia histórica a votar á dereita en calquera circunstancia, con moita máis razón agora, cun PSOE cun líder sen carisma ningún e co partido dividido nas súas adhesións, e o nacionalismo todo esmigallado e á busca dun novo proxecto que non se sabe cal vai ser.

    ResponderExcluir
  3. O pobo galego é de dereitas de sempre. Non direi eu que a esquerdallada non teña vecindade administrativa na C.A. de Galicia, e por eso non poidan titularese galego, pero so é por eso. A esquerda so gaña cando se coaliga.

    Por outra banda, fai falla ser ben parvos para non constatar o que sucedeu en Cataluña cun goberno radical, que deixou a esa comunidade arruinada, o mesmo que en Galicia co repartito. Agora con Feijoo somos a comunidade que mellor vai en deficit, os recortes aquí son menores porque hai tempo que nos teñen posto o torniquete.

    Finalmente, ¿Pachi ou Jorquera de presidente? ¿De veras? XD

    ResponderExcluir