1 de mar. de 2012

Presentación hoxe en Compostela de Heroes de Galiza e de España


Preséntase hoxe na capital do país a tradución ao galego dun libro impulsado polo PCE nos anos 40. Aínda que no título se salienta primeiro España, a verdade é que os casos que protagonizan este interesante documento son todos eles da importante e esquecida resistencia antifranquista galega.

Recomendo vivamente a lectura deste volume, pois axuda a ter unha visión máis fidedigna da loita contra a ditadura nunha época tan lamentábel como a que seguiu á vitoria total do fascismo no Estado.

Este texto tívena moi presente no libro Unha historia que nos pertence. A obra poética en galego de Lorenzo Varela (hai unha retroalimentación co poemario Lonxe que é crucial). Ademais, sobre esta súa tradución escribín este artigo hai xa algúns meses.

O acto de presentación vaise desenvolver ás 20 h na Libraría Pedreira (rúa do Home Santo, 55). Falaremos Xesús Redondo Abuín, Rosa Espiñeira Pan e quen isto subscribe.

Continuamos!

Um comentário:

  1. Que o libro esté impulsado polo PCE dase de tortas con que axude a ter "unha visión mais fidedigna". Será unha obra de propaganda, haxiográfica, na que se tentará defender a "pena de morte" que impuñan os guerrilleiros, que din que cando baixaban do monte a cargarse algún crego, dereitista, garda civil, etcétera, "axusticiaban", que facía xustiza... coas mesmas garantías procesais que tiñan os pseudotribunais empregados polo réxime na loita de retaguardia até febreiro do 39.

    ResponderExcluir