Onte concentrámonos en Redondela. Despois da informalidade do Tribunal, que a última hora non compareceu, vese que teremos que movernos máis veces. E sen dúbidas que o faremos!
Tedes máis información sobre o asunto nesta
ligazón.
Paremos os ataques contra o galego!
"Amplo respaldo da cidadanía de Redondela..." Eu conto 30. De non ser unha nova propagandística habería que dicir: Fracasa a concentración da Mesa por unha das súas historias. So 30 dos trinta mil habitantes de Redondela acudiron á concentración, e disque algún non era de Redondela.
ResponderExcluirQuerido/a anónimo/a: se non sabes nin de que vai o conto, para que falas? Seica sabes as mostras de apoio que recibiu a moza denunciante da discriminación nos últimos días? Seica tes algunha idea do alporizada que está xente de a pé dunha vila que durante trinta anos foi referente no proceso normalizador da lingua sen que houbese nunca o máis mínimo conflito? Seica tes idea do nervioso que están o alcalde e o equipo de goberno, que a semana pasada chamaba mentireira a moza que se atreveu a denunciar e onte xa dicía que se repetiría o proceso se se demostra que houbo ilegalidade? E todo por trinta persoas...vaia, vaia. Algo máis hai detrás, ho! Só que ti non o comprendes.
ResponderExcluirA ver oh, non é que non o entenda, é que non me fío. Estou acostumado ás medias verdades aos enganos, de pensar que a xente é, básicamente, parva. Mira, lembro que hai anos o Callón entregou unhas caixas AZ no parlamento, pero un lote de caixas como 15 ou 20. Resulta que no vídeo se vía que aquelo era unha posta en escea porque mirabas polos buratos das caixas e resulta que ían vacías. E como esto mil historias. Hai pouco paso pola praza de Galicia da Coruña e vexo que había uns carteliños todos pegados a un banco, das mesmas dimensións, cun pau igual en todos e tal. Os carteis levaban fotos de represaliados polo franquismo que colleron depois catro comparsas como queréndose facer os descendentes dos represaliados, montando alí unha comedia para salir nas fotos dos xornais e nas TV. Non me contes contos, que non me creo que nun sitio de Galicia lle dixeran a alguén que se facía o exame en galego a suspendían, porque non o creo; porque ao mellor se oculta que se debía evidenciar un coñecemento do castelán especial, eu que sei, que non me encaixa e vista a fonte (como o conto ese dos cinco mil socios, que de pagar todos ou a inmensa maioría as cotas, case que eran un clube de futbol), pois como que non me creo nada. Hala, bico.
ResponderExcluirEvidentemente, es libre de crer o que queiras, de desconfiar mesmo da túa sombra ou de fiarte só dos quesitos El Caserío, como no anuncio.
ExcluirDito isto, parabéns pola túa vista de raios X para ser quen de ver -entendo que pola tele -por entre os ocos duns AZ para veres que por dentro están baleiros. Agardo que na próxima entrega de Linterna Verde fagan un personaxe específico cos teus superpoderes. Goza deles e, por suposto, emprégaos con sentidiño ;)
Máis bicos de volta.
Pero ¿que me estás contando? ¿Cantas sinaturas se presentaron? Nunha caixa daquelas caben como dous paquetes de 500 A4. E non se sosteñen nin moven coa lixeireza coas que as sostiñan Callón e outros, por unha esquina; e sego a dicir que se vía perfectamente polo burato que nas caixas non había nada ou había dúas follas.
ExcluirFacemos contar e a ver: ¿Cantas sinaturas se presentaron? Se en cada caixa poñamos que caben mil A4, que as sinaturas so ían por unha cara, que en cada unha destas collen unhas 30 sinaturas, que entregaron 15 caixas, de non haber unha posta en escea houbesen entregado: 30(sinaturas/A4)* 1.000 (a4/caixa)*15 caixas= ca. 450.000 sinaturas, que non o cre ninguén nin posto de droghas hasta las cachiñas. Hala, mais :* pero a colar milongas a casa daquela señora.
Entón as caixas que entregou Galicia Bilingüe eran mentira? :(
ExcluirSe me pos unha ligazón a un vídeo no que se vexa como manipulan esas AZ os de Galicia Bilingüe, dígoche se tamén fixeron unha poste en escea ou non.
ExcluirSodes uns frikis.
ResponderExcluirOnde vai ir! para apoios masivos os de Galicia Bífida...
ResponderExcluirPara apoios masivos, cari, o do pobo galego que pasa dos follons e follonero como da merda, e cada catro anos vota a quen lle sae do orto. O demais é tan so un intento de querer aparentar ser algo na nosa sociedade cando se é pouquiño ou non se é nada.
ResponderExcluirForza! Estaremos o 17!!!!!!!
ResponderExcluir