12 de mai. de 2012

Festexemos a nosa lingua!

 

Vai ser esta unha semana moi intensa, que terá como punto culminante a manifestación nacional que sairá ás 12 h da Alameda de Santiago de Compostela. Non podes faltar!

Ademais de conferencias de imprensa, abondoso traballo de intendencia e reunións diversas, esta semana teño axendados os seguintes actos púbicos, por se quixerdes e vos puiderdes achegar a algún:

14 de maio
Presentación en Malpica de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
No centro cívico da localidade, acompañado de Francisco Souto e Xosé Cotelo.

15 de maio
Conferencia "Cicatrices de ferro nas palabras. A obra poética e o programa cultural de Valentín Paz-Andrade".
Na Biblioteca Pública de Pontevedra ás 19.30 h.

16 de maio
Recital-conferencia "Itinerario poético pola defensa do idioma".
Na Biblioteca Central de Vigo ás 20 h.

17 de maio
Sobra dicilo, verdade? Vémonos nas rúas de Santiago!!!! ;)

18 de maio
Presentación en Viveiro de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
Ás 20.30 h. na Casa do Concello da localidade, coa compaña da concelleira de Cultura, Olaia Casas.

Para alén de todo isto, hai moitos outros actos por toda Galiza realizados pola Mesa ou por Queremos Galego. Podes ilos consultando aquí.

[A fotografía, de Xan Muras,  é da manifestación das Letras de 2008. Chegará a vir a TVG nesta ocasión ou fará como na última mobilización masiva de Queremos Galego, de decembro pasado, á cal nin tan sequera enviaron nin cámara nin xornalista?]



Nenhum comentário:

Postar um comentário