18 de mai. de 2012
Moitas grazas polo Premio de Poesía do Concello de Ames!
Onte pola tarde fixéronse entrega dos galardóns de creación literaria do Concello de Ames. Nos comezos da semana anunciáronme que gañara o primeiro premio de poesía e prevía asistir ao acto de entrega. Porén, despois de toda a intensidade da organización e desenvolvemento da manifestación xa non dei feito.
En calquera caso, quero expresar o meu agradecemento pola distinción e, de paso, o meu pleno apoio a todos os servizos públicos municipais existentes en Ames que agora mesmo están en risco coa escusa da austeridade, tan selectiva.
Para min é un orgullo estar na nómina dun premio que xa gañaron en anteriores edicións escritores como Alberte Momán, Gonzalo Hermo ou Cruz Martínez.
Ademais, sérveme de estímulo para ir sacando da gabeta algúns textiños literarios que fun compondo ao longo deste anos. Será pouquiño a pouco.
Viva a nosa cultura viva!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário