27 de jun. de 2012

Cando a sodomía foi pecado

Moitísimas grazas a toda a xente que participou nas presentacións de onte e antonte do libro Amigos e sodomitas, en especial a Laura Tato, Carme Adán e Xosé Manuel Buxán Bran, polas moitas e refrescantes ideas que achegaron sobre o tema. Obrigado tamén aos medios de comunicación que, como o Faro de Vigo, ofreceron o seu espazo para axudar a coñecer máis sobre estas cuestións. Agradecidísimo así mesmo ás entidades que fixeron posíbel ambos os actos: o bar Alfaiate da Coruña e a Libraría Cartabón de Vigo.

Por se vos interesar, a próxima presentación deste ensaio será este sábado ás 20.30 h no adro da igrexa de Santa María do Temple, en Cambre.

Continuamos!



2 comentários:

  1. "Fue pecado?". A sodomía AÍNDA é "pecado" (crime ideolóxico) en moitos puntos do globo, penada con torturas ou mesmo a morte. O que pasa é que algúns teñen un ollo birollo que só mira para un lado. Criticamos á Igrexa, crítica que comparto; pero non queremos criticar a outros, que son moitísimo peores.

    Un saúdo Carlos!

    ResponderExcluir
  2. Que pena que te traduciran. Os do Faro nunca cambiarán.

    ResponderExcluir