16 de jul. de 2012

É tóxico o noso idioma?

 



Así titula Tamara Feijoo Díaz, do IES Ánxel Fole de Lugo, un comentario sobre a situación do noso idioma, escrito a partir dun acto que compartín co alumnado dese centro. O artigo pertence ao número dezanove da revista cultural dese instituto.

Moitas grazas á Tamara e moitas grazas a todas as comunidades educativas do país que, contra vento e maré, manteñen vivo o debate sobre a necesidade de conseguirmos a igualdade de dereitos para o galego; por unha sociedade máis xusta, máis libre, máis cohesionada.

Continuamos!

Nenhum comentário:

Postar um comentário