No outono sairá en Xerais o manual práctico Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, no cal se fornece de consellos para mellorarmos a nosa calidade lingüística, tendo en conta que os problemas con que nos encontramos nese camiño non son de orixe gramatical, senón social.
O proceso de edición do libro xa está moi avanzado, mais falta escoller a cuberta. Poderíasme axudar?
É moi sinxeliño. Só pido que votes no inquérito que está aquí á dereita por algunha destas cinco opcións, todas elas propostas do deseñador Miguel A. Vigo:
Cuberta 1:
Cuberta 2:
Cuberta 3:
Cuberta 4:
Cuberta 5:
As votacións estarán abertas até o vindeiro 3 de setembro.
Se ademais de votares, queres tamén deixar a túa opinión, podes facelo nos comentarios deste mesmo blogue ou na miña páxina en Facebook.
Parafraseando ao Wyoming, o que Galiza vota vai á misa! ;)
Moitas grazas!
A que máis me gusta é a 3, na miña vida conseguin gastar un boligrafo ou un lapiz por facer iso... pareceme gracioso que esté na portada dun libro
ResponderExcluir1 ou 5. Sorte!
ResponderExcluirEu voto pola 4, gústame o detalle dos beizos de tipografía e o título en vermello. O azul queda máis patriótico, pero paréceme que pega máis co resto da cuberta en vermello
ResponderExcluirCuberta dúas!
ResponderExcluirFoi un erro pór como posibilidades distintas a 4 e a 5! Os seus votos deberían contar en conxunto ;)
ResponderExcluirO 5
ResponderExcluirMmmmm... Eu vouno mercar igualmente, pero a ver se facemos un esforzo por deixar de vendelo todo cunha muller ou parte de muller en actitude pseudoerótica. A tres é a que menos me disgusta. Bicos mil!
ResponderExcluirEu voto pola 4 tamen, penso o mesmo que a compañeira Cris :)
ResponderExcluirCarme, en realidade son labios de gai. Agora os homes tamén botamos gloss!
ResponderExcluirNon nos pasemos. Se aparecen beizos de home, é que se exclúe ás mulleres. Se aparecen beizos de muller, é que se tratan como obxectos. Miremos a medida das cousas.
ResponderExcluirEu voto pola 4 ou a 5.
Eu voto pola 2. :)
ResponderExcluirSen dúbida, a 4.
ResponderExcluirA quinta portada, sen dúbida... O diseño é atractivo e suxerente, coma a nosa lingua, e ten un grande valor de impacto visual. Quizais a segunda é máis chamativa (falar e escribir no canto de falar e corrixir) e o lapis azul é moi patriótico, así que neste aspecto non me decido.
ResponderExcluirNo tocante ao título, penso que non hai discusión posíbel: en azul. O contraste do vermello con branco é moi malo, así que só se entenderá o título moi de preto; o azul sobre branco ten un contraste moi bo (só superado polo negro sobre marelo e o verde sobre branco) e así será máis fácil de ler nun escaparate, por exemplo.
Así, a combinación gañadora é a quinta (e de paso defendemos o uso de ordinais... ;-)
En fin, imos ler o libro de todas as maneiras, así que... ;-) Boa sorte!
A número 4.
ResponderExcluirCuberta 5
ResponderExcluirA 5 a milhor! Apertas
ResponderExcluirQueremos segunda rolda, eh!! Senón non é xusto xD
ResponderExcluirEncantame a número 3!!!
ResponderExcluirA portada da que maís gosto é a 3. Sorte co libro!!
ResponderExcluirUnha pregunta. Vas cobrar algunha subvención por publicar este libro?
ResponderExcluirEu pola 4ª. Saúde noso!
ResponderExcluirMoitísimas grazas a todas e todos por participardes! Nestes momentos van xa 148 votos, mais aínda non está nada decidido porque faltan 10 días!
ResponderExcluirRespondendo á pregunta maliciosa do Anónimo do 25 de agosto ás 9.35: é evidente que non, que non vou cobrar ningunha subvención xDDDDDDDDD
A min o 5, aínda que odio o tippex!!
ResponderExcluirSen dúbida a n° 3.
ResponderExcluirCuberta 3 ou 5!
ResponderExcluirA 3 ou a 5!
ResponderExcluirApertas!!!
Eu aposto pola cuberta 3, como di Javier Chapela, pareme máis simpático :)
ResponderExcluirEu voto pola quinta.
ResponderExcluirFinalmente conseguín decidirme, non sen darlle voltas. E parece que votei pola que vai gañando...(unha das poucas veces na vida na que fixen tal) xDD. Bicoo!
ResponderExcluirFinalmente votei, non sen darlle antes voltas, e parece que optei pola que vai gañando ;) Das primeiras veces que tal fago na miña vida! xDDDDD Bicoo!
ResponderExcluirGustoume o recurso do lapis azul, cruzado, evocando á bandeira galega. Paréceme unha idea moi intelixente.
ResponderExcluirDito esto, a segunda semella mesmo un pouco porno, con esa forma dos beizos, polo que o meu voto vai para a número 2 :)
(Vaites, non sei se a miña resposta anterior chegou ou non, mais tiña unha errata de tódolos xeitos, polo que vouna repetir).
ResponderExcluirDicía que o recurso do lapis azul cruzando evocando a bandeira galega paréceme unha idea moi intelixente, además morde-lo bolígrafo sempre foi unha imaxe moi visual de esforzo e tentar face-las cousas ben, polo que é moi apropiado para un libro destas características.
Ademáis, o título en vermello resalta mellor e combina coa liña vertical da esquerda.
Dito isto, a segunda cuberta semella un pouco porno pola forma dos beizos, polo que o meu voto vai para a número 3 :)
A segunda! LauraPi
ResponderExcluirA 5!!
ResponderExcluirEu quédome coa número 4 ou 5.
ResponderExcluirOlgha
Boa tarde!
ResponderExcluirEu quedábame coa 3. Todas me parecen ben lindas, pero a 3 ten algo que as outras non teñen, e, tal e como están as cousas, creo que de sorrisos non imos sobrados... Pon un sorriso na cuberta, Carlos. Un bo sorriso alumea máis que ningunha lámpada, e inda por riba custa menos que a factura da luz! Apertas!
A 5!
ResponderExcluirE non por descarte,
a 4 tamén é boa, mais o texto en azul é máis galego e máis fluído, secais ten que ver co visto boo das correccións en boli azul dos mestres
un saudo e sorte
Este comentário foi removido pelo autor.
ResponderExcluirLembrade votar no inquérito que hai á dereita, para que poida contar!
ResponderExcluirSó restan unhas horas!
Moitísimas grazas a todas e todos pola axudaza!