23 de nov. de 2012
Decisió
Coñezo cataláns e catalás que apoian diferentes organizacións políticas das que se presentan este domingo ás eleccións. Fano con argumentos sólidos e razoábeis de defensa dunha maior xustiza social e dunha maior soberanía para a súa nación.
Porén, a adhesión que ofreceu no seu momento o candidato de ERC, Oriol Junqueras, á causa da igualdade de dereitos para a lingua galega, fai que lle desexe sort para este domingo dun xeito especial. Na fotografía estamos nunha visita de Queremos Galego ao Parlamento europeo, con el e coa actual deputada do BNG Ana Miranda.
Sexa como for, a loita do pobo catalán para poder ter dereito a decidir sobre o seu futuro, lonxe das etiquetas simplistas que ás veces se lle penduran, é un exemplo para seguirmos desde Galiza. A nosa nación está aínda máis notoriamente necesitada dun autogoberno forte, verdadeiro, e debe saber aproveitar os movementos que se están a dar en varios lugares do continente.
Existimos. Non podemos abdicar da nosa responsabilidade histórica!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário