29 de nov. de 2012
Enormemente agradecido!
Esta mañá presentamos Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez nun almorzo informativo. Nese encontro con xornalistas estiven acompañado polo director de Xerais, Manuel Bragado, quen deu alí unha moi boa noticia: estase a preparar xa a segunda edición deste libro, para poder dar resposta á demanda existente.
O manualiño leva escasas semanas nas librarías e, como digo, a presentación para os medios aínda foi esta mesma mañá, polo que o meu agradecemento e a miña alegría pola extraordinaria resposta se multiplican. Grazas por acollérdelo como un traballo útil!
Os primeiros actos públicos de presentación deste manual serán o día 13 en Santiago de Compostela e o día 18 en Silleda.
Continuamos!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Carlos, quedo á tua disposición para o que consideres necesario na defensa dos teus dereitos, que son os de todos os cidadáns residentes na Galicia, e para esixir á Administración o cumprimento da súa obriga de utilizar a toponimia do país galego nos documentos oficiais.
ResponderExcluirUnha aperta grande.
http://im-pulso.blogspot.com.es/2012/12/la-justicia-alucina-considera-reo-de.html
Na Facultade de Filoloxía da USC só hai un libro teu, dos cinco que publicaches sobre lingua e literatura. O sectarismo de sempre. En Filoloxía de Vigo ou da Coruña si están.
ResponderExcluir