8 de nov. de 2012
Xa me contaredes
Este que acaba de chegar é xa o quinto libro que publico, mais así e todo produce unha ledicia renovada ver encadernadiño e dispostiño aquilo que un día escribiches. Penso que esa sensación non se ten cos libros electrónicos, aínda que supoño que será algo semellante a cando por fin dás terminado un traballo ao que dedicaches tempo e esforzo.
Alégranme tamén moitísimo os primeiros comentarios que comezo a recibir sobre a obra e a enorme xenerosidade con que foi compartida no Facebook a imaxe da cuberta. Unha cuberta, como lembraredes, que se escolleu o pasado mes de setembro nunha votación neste blogue, polo que é un pouquiño das 252 persoas que participastes. Moitísimas grazas!
O meu desexo, con certeza, é que este sexa un libro útil. Xa me contaredes se foi así. Se non o dei conseguido, cando menos fíxeno porque sei que, sen dúbidas, si é necesario.
Continuamos!
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário