Austeridade é pagar escolas privadas para garantir o "dereito" a non escoitar nin ver galego, catalán nin vasco, como propón o Goberno español nesa nova hipercarpetovetónica Lei?
Reducirase a crise se extirpamos a nosa identidade como pobo diferenciado da face da Terra e asumimos a nosa función de man de obra barata sen lazos colectivos?
As persoas que queremos vivir en Galiza en galego e que queremos transmitírllelo ás nosas fillas e aos nosos fillos temos que asumir que temos unha cidadanía de terceira?
Non pode ser!
Mañá desde a plataforma Queremos Galego, coordinada e impulsada pola Mesa, achegaremos un par de novas propostas para defender o noso idioma. Precisaremos da colaboración de todas e todos para que poidan ser un suceso.
Queremos galego na escola e queremos galego na vida!
Queremos existir!
Queremos os nosos dereitos! Todiños!
Eu estou en estado de conmoción, porque por primeira vez na vida son pesimista co tema e síntome indefensa, porque o desgoberno que nos desgoberna vai deixar que iso pase e máis...
ResponderExcluir