31 de dez. de 2013
29 de dez. de 2013
Tocádevos!
Do que falan nesta canción foi unha das cousas que máis me sorprenderon as primeiras veces que estiven en Barcelona e en Lisboa: se tocabas unha persoa, aínda que fose un pouquichiño case imperceptíbel e claramente sen quereres, por exemplo no metro, había que desculparse, como se se acabase de realizar unha intromisión imperdoábel. Por cortesía, era obrigado asegurar que non había pretensión de agredir o espazo individual de ninguén...
Despois, xa me fun afacendo, xa vin que era regra habitual nas cidades polas que fun viaxando e, tamén, co tempo, comprobei que algo disto tamén se ía estendendo por estes lares.
Son estas cousas da pragmática difíciles de estudar, mais moi interesantes e que nos din moito das sociedades e das épocas. De feito, sobre algo disto falei tamén no libro Amigos e sodomitas, en concreto sobre como se tocaban os homes premodernos e como e cando se deixaron de tocar por pasar a ser a intimidade intermasculina un significante de homosexualidade.
En fin, os tempos mudaron, así que escoitemos o consello deste grupo e toquémonos todas e todos un pouquiño máis, con respecto porén sen medo.

27 de dez. de 2013
26 de dez. de 2013
Auguiña de sete fontes (17)
- Gadis despide unha traballadora que estaba de baixa por unha operación e nin lle dá ningunha indemnización tras 14 anos na empresa, a pesar de que mesmo a súa doenza é consecuencia da actividade laboral. Puagh!
- A Consellaría de Educación eliminou da plataforma da formación a distancia da FP os materiais que estaban en galego e substituínos por material en español. Ole el bilingüismo!
- Canto levan da Xunta os familiares de Feijóo e Romay?
- Galiza, a penúltima comunidade autónoma con menos ocupación hostaleira. Nin así vai haber ningunha mudanza nestas políticas? Tampouco nisto a Xunta ten ningunha responsabilidade?
- Programa de VíaV do 18 de abril pasado, sobre o que se ía xa sabendo en relación coa reforma da Lei do aborto.
- "Indígname", Manuel Bragado.
- O Goberno español reforza o emprego temporal e legaliza as horas complementarias.
24 de dez. de 2013
A mensaxe de Nadal do Rei de España
Dese xeito que propón o Carrabouxo, eu si que a vía...
E xa que falamos da mensaxe de Nadal do Xefe de Estado, que senso fai que todas as televisións, incluídas a TVG e a TVG2, emitan o mesmo? Non é unha metáfora perfecta da democracia limitada en que vivimos, na cal en teoría temos opción de elixir, sempre e cando elixamos o eternizado statu quo?
23 de dez. de 2013
22 de dez. de 2013
Auguiña de sete fontes (16)
- Como as novas tecnoloxías están a mudar a puntuación. Por exemplo, pór un punto ao final dunha frase disque se pode considerar agresivo ou hostil.
- As humanas proporcións... das heroínas de Disney.
- O falso intérprete do funeral de Mandela díxoo todo, apunta Slavoj Žižek nunha ben interesante reflexión.
- O deputado Martin Candinas crea o primeiro grupo parlamentar romanche na Asemblea Federal de Suíza.
- E se a ciencia non é iso que ti cres? Boas preguntas en El País.
- Argola, o último poemario da Marta da Costa.
- A ex ministra do PSOE, María Antonia Trujillo, xáctase de pensar que o catalán non serve para nada importante. Outro día comentamos o que xa na súa propia etapa de ministra facía co galego.
19 de dez. de 2013
De Vigo a Vigo
O ano pasado, tamén no mes de decembro, fixemos un almorzo informativo para conversarmos cos medios sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Un ano despois, a conversa puido facerse ao vivo coa xente interesada, na Escola Oficial de Idiomas da cidade.
Deixo aquí algunhas ligazóns a como saíu nalgúns medios de comunicación nunha e noutra ocasión. En calquera caso, non podo deixar de agradecer que, máis dun ano despois, o libro continúe a despertar o interese de moita xente e que, por exemplo, aínda estea no Top-100 de Amazon. Abofé que hai unha parte significativa da sociedade galega que non está disposta a se resignar! Continuamos!
- Carlos Callón invita os 'galego-calantes' a facerse 'galego-falantes' (VigoAlMinuto).
- Callón publica un libro para reducir o número de 'galegocalantes' (Faro de Vigo).
- "Os cambios no galego son inestabilidade; no castelán, modernidade" (Atlántico Diario).
18 de dez. de 2013
Curso "Homosexualidade na literatura"
Dentro da oferta de teleformación da CIG-Ensino e a AS-PG, está o curso "Homosexualidade e literatura", que elaborei e coordinarei no momento da súa realización en febreiro.
A actividade está homologada con 30 horas e penso que pode ser interesante para docentes de varias materias, xa que nela se usan exemplos da cuestión da opción sexual na literatura galega, mais tamén na española, na portuguesa, na inglesa, na francesa, na latina, etc.
Ademais, sempre é interesante tentarmos botar unha ollada limpa á historia da sexualidade, afastándonos dos habituais tópicos e adulteracións. O caso da homosexualidade é, sen dúbidas, un bo exemplo para estudarmos en xeral a sexualidade humana, sempre problemática.
Se estades afiliadas ou afiliados á AS-PG ou á CIG, o custo do curso son 10 euros; se non, 50. O período de matrícula está aberto, mais a realización será do 4 ao 24 de febreiro. No caso de vos interesar, tedes toda a información procurando nesta páxina (na pestana número 3).

15 de dez. de 2013
Auguiña de sete fontes (15)
- A Galiza prácida de Anestésicos Feijóo: Sen políticos da oposición galega no Telexornal do sábado.
- "Sexting mata?", Maralice de Souza Neves.
- "No hay más sexualidad que la desviada": Manuel Fernández Blanco sobre o caso de Domingo Neira.
- Vídeo do estampido de deputadas e deputados no Congreso en 2007, cando o BNG presentaba unha iniciativa para que finalizase o veto á construción naval civil en Ferrol, un tema fulcral para a economía do país. Hai pouco falouse doutra desbandada semellante, cando os deputados e as deputadas saíron a fume de carozo para apañaren os transportes que os levarían para os seus fogares. Sen dúbidas, a de 2007 é máis significativa sobre o papel do Congreso e o papel de Galiza no Estado. Tróuxoa moi ben á memoria o blogue Cousas de Imeneo.
- O CSIC evita titular a súa revista galega en galego "para no perder prestigio". O conselleiro de Educación e Cultura, presente no acto, declinou dicir nada ao respecto. O secretario xeral de Política Lingüística, ao día seguinte, tamén amparaba o asunto e só dicía, de xeito propagandístico e disparatado, que daría diñeiro para unha edición galega da revista. Recordemos ao respecto a situación do galego no campo das pesquisas académicas e, tamén, a desatención da Xunta aos medios de comunicación no noso idioma.
- Vídeo da recente chuva de pedras en Sicilia, vindas do Etna.
- A imparábel ruína de Pompeia. A reformulación de orzamentos públicos e a externalización de servizos, ou como queira que chamen aló aos recortes e ás privatizacións, parece que tamén teñen o seu peso na aceleración do declive.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
CRTVG,
Domingo Neira,
economía,
Francisco Rodríguez,
galegofobia,
Italia,
lingua,
manipulación informativa,
Manuel Fernández Blanco,
Maralice de Souza Neves,
natureza,
psicanálise
14 de dez. de 2013
Para lle escribirmos ao Apalpador
Despois da excelente acollida dos anos 2011 e 2012, chega tamén neste Nadal de 2013 un catálogo que serve de expositor da actividade das empresas que conforman a rede Abertos ao Galego.
Ao final do mesmo, hai unha relación completa de todas elas, unha listaxe moi útil para exercermos un consumo responsábel co noso idioma.
Que se vaia preparando o Apalpador!
Ao final do mesmo, hai unha relación completa de todas elas, unha listaxe moi útil para exercermos un consumo responsábel co noso idioma.
Que se vaia preparando o Apalpador!
12 de dez. de 2013
Dúas presentacións
Hoxe participo na presentación en Compostela do libro de narracións do Bautista Álvarez, Retallos daquela infancia. Se puiderdes e vos apetecer, vémonos ás 20.30 h.!
Xa na vindeira segunda feira (luns), toca facer paraxe na cidade de Vigo para partillar mesa coa Marta da Costa, o Ramón Anxo Martínez Seixo e o Xosé Manuel Moo. Conversaremos ás 20 h. na aula magna da Escola Oficial de Idiomas sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Tedes aquí o evento no Facebook, por se quixerdes máis datos ou quixerdes informar tamén outras persoas.
Continuamos, compas!
8 de dez. de 2013
Retallos daquela infancia
Ao final, brindaremos pensando xa nun mellor 2014 cun viño galego.
Como din na empresa anfitrioa: Vide, vide! ;)
4 de dez. de 2013
Deben rectificar de verdade
O Ministerio de Economía díxolle a algúns medios de comunicación, como por exemplo ao programa de Julia Otero en Onda Cero, que as persoas que entregaran un documento en galego aínda tiñan un tempo para rectificaren:
Xa vedes que para o Ministerio "rectificar" significa que esas persoas achanten e enterren / enterremos o galego como idioma de uso oficial. De calquera xeito, a vergoña sobe aínda algúns graos cando observamos que, menos de vinte e catro horas despois de declararen tal cousa, xa ditaron a resolución definitiva dos contratos predoutorais, onde toda esta xente fica excluída. Toda unha mostra de cinismo, insensibilidade e propaganda, que di moito de quen así actúa.
Quen debe rectificar, de verdade e con urxencia, é o Ministerio.
Mentres todo se consuma, a Xunta ofrécese para traducir a documentación en galego que o Goberno español debería admitir por Lei. Lembremos que é a propia Administración central a que ten a obriga de se encargar de traducir os
documentos dun expediente redixidos nunha lingua oficial diferente do
castelán cando teñan que surtir efectos fóra do territorio da correspondente comunidade autónoma. Non é o goberno autonómico o que ha de exercer de axencia de tradución gratuíta para os outros poderes públicos, pois tamén esoutras administracións teñen de recoñecer de seu a oficialidade do noso idioma. Entre
outras normas, así o estabelece o artigo 36 da Lei 30/1992 de réxime
xurídico das administración públicas e procedemento administrativo común
e a disposición adicional sexta da Lei 11/2007, de acceso electrónico
dos cidadáns aos servizos públicos.
O conselleiro de Educación, ademais, aproveita para animar as universidades a que deixen de utilizar a lingua de Galiza para os usos administrativos normais. Jesús Vázquez Abad, ben coñecido por todo o dano que ten feito ao noso idioma, non deixa pasar ningunha oportunidade para dar patadas na nosa cultura. É ben triste, ben indignante.
Non sería o lóxico, o cívico e o correcto institucionalmente que a Xunta instase o Ministerio a cumprir a Lei e defendese o galego, as nosas universidades e os nosos estudantes?
Onda fican os nosos dereitos se poden ser pisados desta maneira por uns poderes públicos intolerantes ante a diversidade cultural que existe no Estado español?
"Haberá que combatelo", concluía solidariamente a Julia Otero ao abordar este tema. Continuaremos a combatelo, abofé! Falamos galego e temos dereitos!
Xa vedes que para o Ministerio "rectificar" significa que esas persoas achanten e enterren / enterremos o galego como idioma de uso oficial. De calquera xeito, a vergoña sobe aínda algúns graos cando observamos que, menos de vinte e catro horas despois de declararen tal cousa, xa ditaron a resolución definitiva dos contratos predoutorais, onde toda esta xente fica excluída. Toda unha mostra de cinismo, insensibilidade e propaganda, que di moito de quen así actúa.
Quen debe rectificar, de verdade e con urxencia, é o Ministerio.
O conselleiro de Educación, ademais, aproveita para animar as universidades a que deixen de utilizar a lingua de Galiza para os usos administrativos normais. Jesús Vázquez Abad, ben coñecido por todo o dano que ten feito ao noso idioma, non deixa pasar ningunha oportunidade para dar patadas na nosa cultura. É ben triste, ben indignante.
Non sería o lóxico, o cívico e o correcto institucionalmente que a Xunta instase o Ministerio a cumprir a Lei e defendese o galego, as nosas universidades e os nosos estudantes?
Onda fican os nosos dereitos se poden ser pisados desta maneira por uns poderes públicos intolerantes ante a diversidade cultural que existe no Estado español?
"Haberá que combatelo", concluía solidariamente a Julia Otero ao abordar este tema. Continuaremos a combatelo, abofé! Falamos galego e temos dereitos!
3 de dez. de 2013
Contestemos as agresións: usemos o galego
Hoxe está a ser un día moi intenso en actividade da Mesa, tanto polas repercusións que están a ter esas discriminacións laborais do Ministerio de Economía a quen entregaron UN DOCUMENTO EN GALEGO como por outros casos que estamos a tratar, tamén de discriminacións por razón de idioma, mais que aínda non se deron a coñecer publicamente.
Como xa comentei máis veces por aquí, son moitas as queixas de vulneracións de dereitos lingüísticos que nos chegan á Mesa, algunhas con consecuencias moi graves. No entanto, só unha parte delas acaban saíndo á luz pública. Na Mesa temos moito tino en garantir sempre a confidencialidade das persoas que chegan até nós coas súas reclamacións (iso si: non atendemos queixas anónimas) e non damos ningún paso sen que estas mulleres ou estes homes dean o seu visto e prace.
Existe unha ofensiva moi clara para borrar do mapa o noso idioma. Queren facelo recuar alí onde nalgún momento conquistou novos espazos, queren enviar a mensaxe de que é unha reliquia inútil, de que pretender usalo só supón buscarse problemas na vida.
Non queren que usemos o galego. Costestemos esas agresións usando de forma máis decidida e consciente a lingua de Galiza!
Apostemos pola convivencia, pola diversidade, pola igualdade de dereitos. Apostemos polo galego.

1 de dez. de 2013
Un de decembro, tantas cousas...
O primeiro de decembro é unha xornada para recordarmos moitas cousas. Hai anos foi aquela enorme mobilización cidadá de chuvia, bágoas e indignación, non contra os fados, senón contra unhas políticas que nos conduciron ao peor. É triste comprobar que altos cargos daquel goberno, como Mariano Rajoy ou Alberto Núñez Feijóo, son hoxe de novo os que detentan o poder. A impunidade ten moitas faces.
Mais, como vimos hoxe nas rúas, o un de decembro non é só unha data para a nostalxia por unhas mobilizacións dun pasado recente. Hai moitas galegas e moitos galegos que non se resignan ao desprezo e á inexistencia. Temos que agradecerlle á plataforma Nunca Máis que sexa catalizadora desa ansia. Ouzámola e apoiémola.
O un de decembro tamén é unha xornada de loita e concienciación internacional contra a sida, unha doenza que pasou, nos lugares con cobertura sanitaria xeral, de ser unha pandemia mortal a unha moi seria enfermidade crónica, grazas aos antirretrovirais. Hai, claro, retos médicos importantes por diante, como conseguir a desexada cura, mais tamén retos políticos que non podemos esquecer, e non falo só no campo da investigación. Que están a supor os recortes aplicados até o de agora polo Goberno español e pola Xunta nesta área? Que poden supor os novos recortes?
Segundo o Grupo de Estudio del Sida (GESIDA), a nivel de Estado, o custo anual do tratamento dun paciente, incluídas as visitas médicas, é duns 12.000 euros. Trátase dunha cantidade inasumíbel para os expulsados da cobertura sanitaria polos gobernos do PP. Hai unha parte de falta total de sensibilidade pola sorte desas persoas, unha falta total de caridade cristiá neses dirixentes de misa dominical ou misa diaria. Mais, para alén diso, como teñen avisado numerosos profesionais, desatender desa maneira os doentes dunha enfermidade infecciosa non pode ter máis que consecuencias negativas para o conxunto da poboación. Polo un e polo outro, cómpre que fagamos erguer a nosa voz.
E que máis hai para lembrarmos o un de decembro? Pois é unha data especial en Galiza e desde Galiza: é o aniversario da morte de Eduardo Blanco Amor e, por iso, un día que se ten aproveitado moito nos últimos anos para erguermos a voz contra a homofobia, que tamén el tanto combateu en vida. Nos últimos días puidemos escoitar as delirantes palabras dun profesor universitario encargado de formar futuros docentes, por fortuna contestado con enerxía polos seus estudantes e apartado desas funcións de forma provisional. Fica aínda abondo traballo por diante.
30 de nov. de 2013
Queremos igualdade de oportunidades
Se envías o certificado de estudos dunha universidade madrileña, vale. Se envías o certificado de estudos dunha universidade inglesa, vale. Se envías o certificado de estudos dunha universidade galega, non vale.
Non pode ser que este tipo de cousas continúen a acontecer no ano 2013.
Exiximos que se respecte a oficialidade da nosa lingua!
Exiximos igualdade de dereitos, igualdade de oportunidades!
Non pode ser que este tipo de cousas continúen a acontecer no ano 2013.
Exiximos que se respecte a oficialidade da nosa lingua!
Exiximos igualdade de dereitos, igualdade de oportunidades!
25 de nov. de 2013
E diche que nunca máis o vai facer
Historias de diván é unha miniserie arxentina e uruguaia deste mesmo ano baseada en casos clínicos relatados en libro polo psicanalista Gabriel Rolón. Penso que este capítulo que penduro aquí, a historia de vida de Luciana, pode ser moi interesante para a xornada de hoxe, para repensarmos algunhas cuestións sobre a violencia de xénero que van para alén da grave tendencia á indolencia dos poderes públicos.
A parte ficcional sobre a familia da personaxe do psicanalista é un fío condutor de toda a miniserie, que non é necesaria para comprendermos o caso de Luciana, que si é autoconclusivo no capítulo. Se quixerdes ter máis matices e superar as elipses e sínteses propias do audiovisual, podedes consultar toda a información sobre Luciana no libro do Rolón.

24 de nov. de 2013
Não me venham dizer que é fonética a poesia!
Serei tudo o que disserem
por inveja ou negação:
cabeçudo dromedário
fogueira de exibição
teorema corolário
poema de mão em mão
lãzudo publicitário
malabarista cabrão.
Serei tudo o que disserem:
Poeta castrado não!
Os que entendem como eu
as linhas com que me escrevo
reconhecem o que é meu
em tudo quanto lhes devo:
ternura como já disse
sempre que faço um poema;
saudade que se partisse
me alagaria de pena;
e também uma alegria
uma coragem serena
em renegar a poesia
quando ela nos envenena.
Os que entendem como eu
a força que tem um verso
reconhecem o que é seu
quando lhes mostro o reverso:
Da fome já não se fala
- é tão vulgar que nos cansa -
mas que dizer de uma bala
num esqueleto de criança?
Do frio não reza a história
- a morte é branda e letal -
mas que dizer da memória
de uma bomba de napalm?
E o resto que pode ser
o poema dia a dia?
- Um bisturi a crescer
nas coxas de uma judia;
um filho que vai nascer
parido por asfixia?!
- Ah não me venham dizer
que é fonética a poesia!
Serei tudo o que disserem
por temor ou negação:
Demagogo mau profeta
falso médico ladrão
prostituta proxeneta
espoleta televisão.
Serei tudo o que disserem:
Poeta castrado não!
22 de nov. de 2013
Todos temos patria
Este é o cartón do convite ao acto de entrega do premio Abertos ao Galego, que se realizará este serán en Carballo. Se puideres, ven a este novo festexo do noso idioma!
O evento presentarao a actriz e humorista Isabel Risco e nel actuará a talentosa cantante Najla Shami, que está agora coa promoción do seu disco "Na lingua que eu falo".
No cartón de arriba, porén, non figura o nome da empresa premiada, xa que se deu a coñecer aínda hai poucos días. A entidade que imos recoñecer co galardón foi a reaberta cadea de electrónica San Luís. Cando o seu dono anunciou esta reabertura, máis significativa nun momento de crise como o que pasamos, dixo o seguinte: "Claro que as nosas tendas están rotuladas en galego. Estamos en Galiza, non? Todos temos patria, é a nosa aposta."
16 de nov. de 2013
14 de nov. de 2013
Impunidade nunca máis!
Mañá comezo o día cunha entrevistiña, a iso das 9.15, na Radio Galega, onde falarei sobre moitas cuestións relacionadas co presente e futuro do noso idioma.
Saio despois camiño de Lisboa, por compromisos adquiridos hai xa tempo, o cal me vai impedir estar fisicamente nalgunha das concentracións convocadas por Nunca Máis para a noitiña.
Se alguén dos que estades por aquí sabedes se se vai facer algo a esa ou outra hora na capital portuguesa, por favor avisádemo nos comentarios. O meu pensamento e o meu corazón estarán convosco, coreando as mesmas consignas de dignidade:
Contra a impunidade! Non esquecemos!

4 de nov. de 2013
Auguiña de sete fontes (14)
- "O sinto", artigo da Susana Méndez.
- "Síndrome de Diógenes digital", artigo do Miguel Anxo Murado.
- "Touros... ¡Olé!", artigo do Francisco Rodríguez.
- Lotaría de Nadal da Mesa pola Normalización Lingüística.
- Ardalén: Premio Nacional da Banda Deseñada para o Miguelanxo Prado.
- "Escribir en galego: que difícil é!", reflexiona o Cibrán Arxibai en Sermos Galiza. Como ben metaforiza na súa última liña, aquí o goberno está nas mans das ratas que provocan a peste.
- "Pardo de Cela, un capítulo da revolta galega", escribe o Xosé Ramón Ermida Meilán, tomando as análises de Xosé Carlos Breixo.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
A Mesa,
BD,
CFEGCF,
Cibrán Arxibai,
Francisco Rodríguez,
lingua,
Miguel Anxo Murado,
Miguelanxo Prado,
Pardo de Cela,
Susana Méndez,
Xosé Carlos Breixo,
Xosé Ramón Ermida Meilán
2 de nov. de 2013
Dúas cancións a Barcelona
As dúas que penduro hoxe aquí son do grupo Els Amics de les Arts. A primeira foi o tema oficial do Mundial de Natación deste verán pasado. A seguinte é unha especialmente linda e mesmo saudosa para as persoas que pasamos temporadas nesta cidade, aínda que o título puider parecer pouco lírico: "La merda s'ens menja": "Cómenos a merda".
27 de out. de 2013
O medo manda
Fantásticas reflexións e historias do Eduardo Galeano, moi acaídas para este noso tempo, tempo do medo:
26 de out. de 2013
Hoxe, vémonos en Láncara
Esta mañá entrégase á Mesa o premio Ramón Piñeiro - Facer País. Será en Láncara, así que se andades polos arredores xa sabedes que estades máis que convidadas e convidados!
O programa é o seguinte:
Continuamos!!!!!
O programa é o seguinte:
XII Edición
Entrega do premio "Facer País"
Data: 26/10/2013
11.00 h. Casa do Concello (Póboa de S. Xiao) - Láncara
- Recibimento da Mesa pola Normalización Lingüística, polo alcalde e corporación e mais a Asociación Cultural "Val de Láncara". Sinatura no Libro de Honra.
11.30 h. Láncara
-Visita á casa paterna de Fidel Castro e de Raúl Castro.
-Almorzo na casa de Láncara
12.45 h. Carracedo
-Recibimento na Ponte Romana. Benvinda á Mesa pola Normalización Lingüística a cargo da Asociación Cultural "Val de Láncara" e mais do Alcalde de Láncara.
13.45 h. Comezo dos actos de entrega do XII Premio "Facer País".
Presentación do acto a cargo de Isabel Risco (actriz).
Intervencións:
-Lectura da acta e motvos polos que se concede o pemio a cargo da Asociación C. "Val de Láncara".
-Louvanzas á Mesa pola Normalización Lingüística, polo profesor de Ciencias Políticas na USC e analista político, Antón Losada.
-Entrega do Premio a cargo de Agustín Fernández Paz. (Finalmente, por razóns de saúde, o amigo Agustín non poderá estar presente.)
-Intervención de Carlos Callón, representante da Mesa pola Normalización Lingüística.
14.30 h. Xantar de Honra, no cal poderán participar todas e todos os que o desexen, previa retirada do convite.
Intervencións musicais e demais persoeiros relacionados co mundo da cultura, para celebrar o XII Premio "Facer País".
Continuamos!!!!!
24 de out. de 2013
23 de out. de 2013
18 de out. de 2013
Non nos resignamos
Hai hoxe, 18 de outubro, catro anos da primeira gran manifestación de Queremos Galego fronte ás políticas galegófobas de Alberto Núñez Feijóo. A dese día estivo entre as primeiras reaccións dunha parte importante da sociedade galega, que deu e dá un exemplo de mobilización en defensa da súa cultura.
Non son moitas as nacións do mundo que, sen case recursos económicos e sen apoios mediáticos, son quen de sacaren á rúa 100.000 persoas por razóns lingüísticas ou culturais. Por riba, a pesar do desgaste continuado e intenso practicado polo PP, en Galiza aínda se mantén esta tensión reivindicativa, como se demostrou por exemplo o pasado 17 de maio, cando nos mobilizamos de novo masivamente polo galego, no medio dun amplo calendario de manifestacións por mil roubos e retrocesos.
Ningunha das accións que fixemos, que facemos e que faremos son en balde. É boa verdade que algúns froitos xa os recollemos, mais a ceifa desta sementeira aínda ha ser moito, moito máis xeitosa no futuro!
Continuamos no combate polos nosos dereitos lingüísticos! Temos dereito a existir!

14 de out. de 2013
Con fluidez
Así de fachendoso me pediron que me puxese para unha foto para o Diario de Pontevedra antes da presentación na cidade ídem de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
O título desta nota que publicaron é máis interesante do que pode parecer. Entre a corrección e a fluidez, escolleron a segunda. Con razón. Porque da fluidez, do soltarse a falar en galego con comodidade e sen medos, irá chegando tamén a corrección; retroaliméntanse. En galego, igual que no resto das linguas.
E ti? Aínda non te pasaches para o galego? Por que agardar para mañá? Súmate!

11 de out. de 2013
Auguiña de sete fontes (13)
- "A acta dos fracasos autonómicos", Anxo Lugilde.
- "Enfermedad mental y homicidio", Tiburcio Angosto.
- "Números e letras", Luz Cures.
- "Realidade virtual, realidade de carne e óso", Pilar García Negro.
- "Lo siniestro", Manuel Fernández Blanco.
- Tradución ao español da "Carta aberta de Jacques-Alain Miller ao señor Guaino sobre os matrimonios".
- "Renfe recupera *La Coruña e *Orense".
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
A Mesa,
Anxo Lugilde,
asasinato de Asunta,
galego no ensino,
Jacques-Alain Miller,
lingua,
Luz Cures,
Manuel Fernández Blanco,
Pilar García Negro,
psicanálise,
Renfe,
Tiburcio Angosto
10 de out. de 2013
Mais ti vas indo, vas indo
Outro excelente vídeo musical para outro magnífico tema, neste caso baseado nun deses enigmáticos poemas de Rosalía:
O vídeo vaise presentar en sociedade esta sexta feira en Santiago.
O vídeo vaise presentar en sociedade esta sexta feira en Santiago.
8 de out. de 2013
7 de out. de 2013
Fomos de asemblea
O sábado pasado foi un día ben completiño. Pola mañá houbo asemblea nacional da Mesa, que este ano foi en Ferrol. Alí debatemos bastante, dun xeito sempre aberto e coido que moi útil, sobre as nosas actividades dos últimos tempos, as liñas de traballo cara ao futuro... En fin, as nosas limitacións, os nosos logros e os nosos retos.
Ademais das cousas que tiveron máis relevo nalgúns medios de comunicación, como o novo impulso a Abertos ao Galego, tamén se aprobaron outras accións que iremos presentando nas próximas semanas.
Tras a xuntanza, algúns dos alí congregados fomos xantar a un restaurante da cidade. Non só nos deron de comer moi ben, senón que ademais teñen a carta en galego, xa que o propietario é sensíbel con varias causas sociais, entre elas a da nosa cultura e a dos nosos dereitos lingüísticos. Sen dúbidas que voltaremos por alí!
Após a sobremesa, baixamos a comida cun roteiro por Ferrol, no cal nos guiou o noso socio Francisco Rodríguez. Para min houbo varias descubertas fantásticas nese itinerario e hai algúns deses lugares que conto con visitar axiña de novo.
Foi, pois, un sábado de descubrimentos e redescubrimentos. Dan gusto os días así para coller forzas!
6 de out. de 2013
3 de out. de 2013
Chega a cuarta edición de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez
Estou moi contento pola nova que me deron desde Xerais: o libriño Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez chega nestes momentos ás librarías xa na súa cuarta edición, cando falta pouco para que se faga un ano da súa saída.
Que nun momento de estafa económica, agresións institucionais contra o noso idioma e crise editorial se puidese conseguir este pequeno éxito non só amosa o que xa se ten indicado desde a crítica, que cubría un certo oco no noso mercado, senón, sobre todo, o máis importante, que hai unha parte significativa da sociedade galega que non está disposta a renunciar á única lingua propia de Galiza.
Como este é un libro para o activismo e para o combate, levo tamén estes meses percorrendo Galiza de norte a sur e de leste a oeste facendo presentacións. Mañá é a vez da cidade de Pontevedra, nun acto organizado pola Fundación Alexandre Bóveda no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais, ás 20 h. Se quixerdes e puiderdes, alí nos veremos.
Continuamos!

(A fotografía correspóndese cun momento da presentación do libro na Estrada, no pasado mes de maio.)
2 de out. de 2013
Acusacións, absolucións e condenas
A semana pasada, o director da CRTVG respondeu á deputada Ana Pontón que si informaran nos telexornais dos xuízos na miña contra e non da miña contundente absolución porque, na súa opinión, o "interesante" era que me acusasen, non que me desen a razón e se demostrase que se trataba de acusacións inxustas e mesmo ilegais. Dito dun xeito máis cru: que os directivos da RTVG ben saben que manipulan e criminalizan, mais que ese é o seu obxectivo.
Se as absolucións non interesan e si as acusacións ou os xuízos, haberá que preguntarse por que motivo a RTVG silencia os casos do ex alcalde de Santiago, até hai nada peso pesado do PP galego e caro amigo de Alberto Núñez Feijóo, Xerardo Conde Roa. Onte condenárono a dous anos de prisión e a unha multa de máis de medio millón de euros. A TVG fixo como se a nova non existise.
Conde Roa xa fora tido por "nada interesante" con anterioridade pola TVG, mesmo con algún tratamento informativo que merecería o premio á manipulación do ano. Penso en cando reduciron a petición de prisión e de sanción económica por parte da fiscalía contra este dirixente do PP ao seguinte texto, que cito completo, porque nada máis se comentou no Telexornal: "Remata a fase de instrución do caso por unha suposta fraude fiscal contra o que fora alcalde popular de Santiago, Xerardo Conde Roa".
Non merecemos uns medios públicos que manipulan, silencian e terxiversan deste xeito. Queremos que deixen que as e os profesionais da RTVG poidan traballar como saben facelo.
Fóra os censores de San Marcos!
Si á pluralidade informativa!
Si á creación dun consello de informativos!
Si á potenciación da nosa cultura!
Si á ética xornalística!

1 de out. de 2013
É boa vila e dá de beber a quen pasa
Esta sexta feira -véspera, por tanto, da Asemblea Xeral da Mesa deste ano-, andarei por Pontevedra para o acto de presentación aló do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Organízao a Fundación Alexandre Bóveda no Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (na foto).
Se tiveres interese, deixo aquí a ligazón ao evento no facebook.
Continuamos!
Se tiveres interese, deixo aquí a ligazón ao evento no facebook.
Continuamos!
26 de set. de 2013
Outra das caras da desgaleguización do noso aforro
A moza desta imaxe é a Susana Romero, daquela unha das dirixentes da Mesa e hoxe entusiasta activista. O que está á súa esquerda, aínda que talvez non o pareza, son eu. É que xa pasaron moitos anos desta foto, na cal se recolle a presentación dunha campaña para conseguirmos que os bancos e as caixas de aforros deixasen de excluír o galego.
A iniciativa, desenvolvida ao cabo de varios meses, tivera os seus resultados. Os máis importantes: que Caixa Galicia, primeiro, e Caixanova despois, asumiron compromisos concretos para garantir a igualdade de dereitos para o noso idioma nos caixeiros, na sinalización, na publicidade, nos contratos, etc. Foron adiantos simbólicos de enorme importancia, pois conseguíramos que as que nese momento eran as dúas entidades galegas de aforro se comprometesen de verdade, con pasos efectivos e mensurábeis, co uso da lingua propia de Galiza. Nunca antes acontecera algo semellante na historia do país, tampouco no período autonómico. Foi un éxito das miles de persoas que se implicaron nesa acción da Mesa.
Mais hoxe temos que denunciar que o conseguido neste tempo está a se derramar, nomeadamente desde que o Estado español asumiu o control de Novagaliciabanco. De ter case todos os contratos en galego pasouse a ter só un. De ir incluíndo de forma paulatina o galego na sinalización das oficinas pasouse a mudar os rótulos de, por exemplo, a oficina principal de Vigo para que non estean no noso idioma.
Estannos a roubar os nosos aforros e, tamén, a nosa lingua.
Non o consintamos!

25 de set. de 2013
Que empresa merece un premio polo uso exemplar do galego?
Pois dálle unha volta a esa pregunta e participa na convocatoria deste ano do premio Abertos ao Galego. Como verás nas bases, é moi sinxelo: só tes que enviar un correo-e a abertosaogalego@amesanl.org. Ademais, só por participares, xa entras no sorteo dun lote de materiais do proxecto.
A imaxe que penduro nesta entrada do blogue correspóndese cun dos momentos do acto de entrega dos galardóns o ano pasado, que foi en Pontevedra, mais que cada ano se prevé que sexa nun concello diferente.
Activémonos por un consumo responsábel co galego!
Por unha lingua viva e avivada en todos os ámbitos!
24 de set. de 2013
Te son unos terroristas!
Pode parecer un chiste mais o conto é triste. A Jesús Vázquez non lle caeu a cara de vergoña ao afirmar nunha entrevista que as “plataformas educativas” que critican o decretazo contra o galego "non son demócratas" e “apoian o terrorismo”.
Esa é a súa democrática reacción ao novo revés xudicial que sofre o seu decreto galegófobo perante o TSXG.
Se non o credes podedes velo cos vosos propios ollos aquí.
E ler a valoración da Mesa aquí.
Continuamos!
21 de set. de 2013
Súmate á nova campaña de Queremos Galego!
Nesta ligazón tes toda a información para participar na iniciativa.
Que tamén o teu berro pola pluralidade, contra a criminalización das ideas, chegue a todas as partes!
Continuamos!
16 de set. de 2013
15 de set. de 2013
9 de set. de 2013
Auguiña de sete fontes (12)
- As linguas usadas nos Estados Unidos, segundo os datos do censo de 2011. (PDF)
- As portas de Balaídos pasan do castelán ao galego.
- Alertan en México de que as persoas temen en usar as súas linguas indíxenas por temor á discriminación.
- A Dirección Xeral de Tráfico decidiu deixar de informar en valenciano durante o verán... O Goberno español substituíu o catalán de València polo inglés, a pesar de que a Lei non permita tal esperpento. E el será xa o inglés máis oficial que o galego, o catalán e o vasco?
- Na secundaria do Reino Unido apréndense cada vez menos linguas estranxeiras.
- "O comportamento lingüístico de Rosalía de Castro", por Francisco Rodríguez.
- A Mesa fixo varios chamamentos ao exército polo seu desprezo ao galego.
5 de set. de 2013
2 de set. de 2013
Necesitamos a lingua se queremos vencer
Penduro aquí a intervención que fixo a lingüista e amiga Luz Cures con motivo da presentación nacional do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.
Podedes pasar por alto os seus comentarios iniciais -que agradezo, mais que se deben sobre todo á amizade que nos temos- e atender só ás reflexións sobre a importancia de nos activarmos na defensa do noso idioma e ás anécdotas tan auténticas que relata para nos animar a avanzarmos nese camiño:
Activémonos, ho, non podemos deixar morrer o noso idioma!
1 de set. de 2013
Auguiña de sete fontes (11)
- "La reductio ad Hitlerum", por Rosa Sala Rose.
- "Os chineses, cada vez máis lonxe de Mao e máis perto de Freud", di o diario arxentino La Nación.
- A escritora na súa Terra: Marica Campo. Imaxes e textos da homenaxe.
- "A supresión de “Reporteiros”… o principio da fin?"
- Un grupo andaluz rescata do esquecemento a represión dos homosexuais no franquismo. Tomemos exemplo en Galiza!
- "Que a TVG financie series en español é o primeiro paso cara á súa desaparición", denuncia A Mesa.
- A Mesa leva perante o Valedor as presións da Deputación para que un funcionario non use o galego.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
A Mesa,
Adolf Hitler,
Cesáreo Sánchez Iglesias,
galegofobia,
homosexualidade,
Laura Celeiro,
lingua,
manipulación informativa,
Mao,
Marica Campo,
psicanálise,
Rosa Sala Rose,
Sigmund Freud
29 de ago. de 2013
22 de ago. de 2013
Destas cancións polas que hai que ser fan do Caetano Veloso
O tema compúxoo Rosini Pinto e fíxoo máis coñecido o Roberto Carlos, mais hai que ver que tan ben, tan tan ben, soa na voz do Caetano Veloso:
10 de ago. de 2013
Eu quero que você venha comigo
Moitos recordos me trae esta actuación conxunta do Chico Buarque e o Caetano Veloso, coas cancións "Você não entende nada" e "Cotidiano". Eu descubrina non nos 80, senón a mediados da década seguinte, cando comecei a saber algo máis desa Lusofonía coa que aínda estamos de tristes costas viradas.
28 de jul. de 2013
Catro apuntamentos sobre o accidente
Penduro aquí outras ligazóns por volta do accidente ferroviario do pasado día 24. Penso que poden ser útiles para peneirar, no medio da actual sobreinformación, algúns aspectos fundamentais sobre o que xa aconteceu, sobre o que está a acontecer agora e o que pode acontecer no futuro.
- "Falló la coordinación durante el rescate", unha reportaxe de José Precedo e Luis Gómez.
- Entrevista ao psicólogo Miguel Anxo García, realizada por Lorena Pose.
- "O comboio podía ir até a 220 quilómetros/hora a só 300 metros da curva da Grandeira", apuntan desde Sermos Galiza, recollendo informacións de El Mundo.
- "O tramo do accidente tiña o sistema de seguridade analóxico de hai medio século", explícanos Antonio Ruiz del Árbol. Así, cun investimento non superior aos 12.000 euros podería evitarse esta traxedia. A pregunta, claro, é cando vai estar activo un sistema decente.
27 de jul. de 2013
Oito ligazóns sobre a traxedia de Angrois
Penduro aquí algunhas ligazóns que me están a ser de especial utilidade para ir sabendo e comprendendo máis sobre o que está a acontecer por volta do horríbel accidente do 24 de xullo:
- "O maquinista como novo Mangouras", artigo de Xosé Manuel Pereiro.
- "Todos podíamos haber ido en ese tren", artigo de Manuel Fernández Blanco.
- "La canguro del maquinista", artigo de Manuel Jabois.
- "Os medios no accidente de tren de Santiago de Compostela", valoración inicial do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, desde a cal encamiñan ao "Decálogo de recomendacións para medios e xornalistas de sucesos de catástrofe".
- "Spain train crash: human error over decades, not just seconds", artigo de Miguel-Anxo Murado.
- "78 muertos, 12 preguntas sobre el accidente de tren en Santiago", información realizada por tres xornalistas de El País: Mónica Ceberio Belaza, David Reinero e Ramón Muñoz.
- "Desalmados", editorial do xornal electrónico Terra e Tempo.
- "Feijóo fala de “intereses económicos” de empresas en desacreditar a alta velocidade española", informa o xornal Sermos Galiza. Como ben dixo o seu director, Xosé Mexuto, "A que se dedica Feijóo: a defender os intereses de GZ ou a ser o comercial do AVE espanhol?"
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
Alberto Núñez Feijóo,
CPXG,
David Reinero,
Manuel Fernández Blanco,
Manuel Jabois,
medios,
Miguel Anxo Murado,
Mónica Ceberio Belaza,
Ramón Muñoz,
Traxedia de Angrois,
Xosé Manuel Pereiro
24 de jul. de 2013
Vivan as nacións do mundo, tamén a nosa!
Mañá é o Día da Patria Galega, unha xornada de reivindación de que a nosa nación existe e de que quere continuar a existir; de que, fronte os cantos ao individualismo e á uniformidade, nós queremos manter o noso contributo á diversidade de culturas e de países da humanidade, a nosa aposta polos lazos colectivos.
Non estamos en bos tempos para esta reivindicación con claridade e franqueza, así que cómpre que multipliquemos os esforzos para enviarmos a nosa mensaxe con tanta claridade como pedagoxía. Vainos a vida nisto.
Na tarde e o serán dos festexos de mañá estarei polo posto da Mesa no Festigal, no cal teremos este ano varias sorpresas, en especial a exposición de materiais de empresas colaboradoras co proxecto Abertos ao Galego. Vide facer unha visitiña!
Viva a patria galega, existente e resistente!
20 de jul. de 2013
17 de jul. de 2013
Este foi o debate en ViaV
Penduro o vídeo do debate en que participei en ViaV sobre a situación do galego, que ten como punto de partida a nova tentativa da Xunta de Galiza de continuar coa súa política contra o noso idioma no ensino, á marxe do que estipula a lexislación ou do que ordenan diferentes sentenzas xudiciais.
Continuamos!
Continuamos!
7 de jul. de 2013
De momento, esta é a miña canción do verán
Cando menos a día 5 de xullo de 2013, este temazo de Stromae é o que máis soa no meu carro. Gozade tamén del!
Aquí, o vídeo completo:
Aquí, o vídeo completo:
4 de jul. de 2013
Hoxe en ViaV
Convidáronme desde V televisión a participar esta noite na primeira parte do coñecido programa de actualidade que conduce Fernanda Tabarés. O tema central para tratar é a decisión do goberno da Xunta de continuar coas pseudoconsultas ás familias, a pesar de que foi un punto tombado polo Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en varias sentenzas. Así, a Xunta di por unha banda que non recorre as sentenzas, mais pola outra banda actúa como se tales sentenzas non existisen. Sobre isto reflexiona tamén hoxe en Sermos Galiza Anxo Louzao, secretario nacional da CIG-Ensino, no artigo "O galego, a impunidade e a mentira".
Non se poden chamar "consultas" unhas preguntas amañadas, cuxos resultados non son públicos e que só se teñen en conta para reducir a presenza do galego na escola. Pensemos, por exemplo, que as únicas "consultas" de que se coñeceu o resultado, as realizadas en 2009, o que facían era apoiar o decreto entón en vigor, o que garantía cando menos o 50% do ensino no noso idioma.
Mais deixemos iso de lado un momento e preguntémonos en voz alta como é que un goberno tan xordo ás reivindicacións sociais, tamén no ámbito educativo (bolsas, comedores, despedimentos de profesorado, etc., etc.), pon tal empeño en finxir que escoita neste punto. É evidente que se trata dunha falsa escolla.

28 de jun. de 2013
23 de jun. de 2013
Auguiña de sete fontes (10)
- Nas Illes Balears o Govern, tamén do PP, si informa do resultado das "consultas". No seu caso, 70% do alumnado escolleu o catalán como primeira lingua. Tedes máis información, máis matices, na ligazón.
- Un estudo do Goberno vasco estuda revisar os perfís de euskara ante a falta de sintonía entre a acreditación e o uso. O problema non vos soa? Iso si, aquí os poderes públicos nin se fan a pregunta en alto nin pensan en ningunha solución.
- México, o país das 69 linguas. Unha é o castelán, o resto...
- O Barça ten conta de Twitter en portugués.
- Nova directiva comunitaria sobre intérpretes no ámbito penal.
- Pico, unha figura central da escena galega.
- O PP de Galiza contratou con empresas da Gürtel cando Feijóo xa era presidente do partido.
22 de jun. de 2013
21 de jun. de 2013
Festival do humor
- Fuches ver Supermán?
- Fun.
- E que tal?
- Pois tampouco tiña a man tan grande.
(Perdoádeme por este chiste, mais non me puiden resistir xD).
- Fun.
- E que tal?
- Pois tampouco tiña a man tan grande.
(Perdoádeme por este chiste, mais non me puiden resistir xD).
19 de jun. de 2013
Mil e uma noites loucas
Non coñecía o grupo de mulleres "Doce", que na década de 80 cantaba en Portugal cancións tan bailábeis coma esta, "Ali Babá":
18 de jun. de 2013
Um futuro pior
O fondo é triste e duro, pois así é a actualidade, mais hai que aplaudir a creatividade con que se recreou este acertado discurso da deputada Ana Drago, do Bloco de Esquerdas de Portugal (a propósito, por se non o sabíades, a escolla do nome do Bloco de Esquerdas ten a ver coa existencia ao norte do Miño do Bloque Nacionalista Galego).
Vexamos primeiro a intervención de Drago na Assembleia da República:
Agora, a versión de Bandex:
Unidos contra a troika! Continuamos!
Vexamos primeiro a intervención de Drago na Assembleia da República:
Agora, a versión de Bandex:
Unidos contra a troika! Continuamos!
17 de jun. de 2013
Mundos para-lelos
O Comité de Empresa da TVG denunciou no seu blogue Eu non manipulo (que tedes que seguir desde xa!) que, aínda que a nova dos xuízos contra min si saíu varias veces nos informativos da nosa televisión pública, no entanto a noticia da miña absolución non saíu nos telexornais. É unha forma deplorábel de criminalizar.
Agradezo ao grupo do BNG que se fixese eco desta denuncia e que presentase a seguinte pregunta:
16 de jun. de 2013
Auguiña de sete fontes (9)
- O psiquiatra que "descubriu" o TDAH confesou antes de morrer que "é unha doenza ficticia".
- Entrevista á interesantísima arquitecta Beatriz Colomina.
- "O fechamento da TV pública grega anuncia o final da democracia", mesmo da democracia formal.
- Once estudantes imputados por se mobilizaren en defensa do ensino público. Toda a solidariedade!
- O berberecho común dáse por desaparecido na Ría da Arousa :(
- Un extraballador de Goldman Sachs dío clariño, por se había quen o dubidase: "Creabamos pánico nos mercados para sacarmos beneficio da caída de España".
- Escándalo e vergoña pola manipulación informativa da TVG con Xerardo Conde Roa.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
arquitectura,
Babis Kokosis,
Beatriz Colomina,
crise,
CRTVG,
ecoloxismo,
ensino,
Galiza Nova,
Grecia,
Greg Smith,
Leon Eisenberg,
manipulación informativa,
pesca,
psi,
Xerardo Conde Roa
15 de jun. de 2013
Viva Marica Campo!
Esta foto en que saímos en amor e compañía a Marica Campo e mais eu pertence á manifestación nacional de xaneiro en defensa do ensino na nosa lingua.
A Marica, extraordinaria creadora, é tamén desas mulleres que saben da importancia de batallar por un mundo máis xusto, algo que fai sempre ademais acompañada dun enorme afecto. Porque, ao cabo, en todas as liñas anteriores non se falou máis que dunha cousa: amor.
Sinto moitísimo non poder estar na homenaxe "A Escritora na súa Terra" que se lle tributa este 15 de xuño, organizada pola Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega. Tedes aquí toda a información.
Puiderdes ou non asistir, berrade comigo: Viva Marica Campo! Viva!
14 de jun. de 2013
13 de jun. de 2013
Contra a LOMCE, tamén en Betanzos
Como ben se ve no cartaciño da esquerda, hoxe vanse realizar actos contra a LOMCE en varias cidades e vilas de Galiza. Anímovos a asistirdes! Xogámonos moito nisto!
Aínda que non aparece aquí ningunha concentración en Betanzos, sen dúbidas que falaremos disto no acto que imos realizar ás 20.30 h no Liceo desta localidade (en concreto, na sala Azul), como vedes no cartaciño da dereita.
Este evento, sobre o idioma noso e que ten como desencadeante a publicación do libro práctico Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, está organizado pola A. C. Eira Vella, en colaboración coa libraría Carricanta.
Continuamos!
12 de jun. de 2013
Trinta anos para isto
O sábado fanse tres longas décadas da promulgación da Lei de normalización lingüística, unha norma básica de desenvolvemento do Estatuto de Autonomía que debería alicerzar un tempo de recoñecemento oficial do noso idioma propio, que debería axudar a sandar as feridas de tanto tempo de proscrición.
Talvez unha boa síntese do que supoñen eses 30 anos sexa o acto organizado polo BNG en Muros para este sábado. O evento festexa que existe unha lingua e que continuamos a batallar pola súa plena normalización, sen dúbida, mais tamén denuncia que nestes momentos hai un veciño desa localidade, Xosé Ramón Farinós, sobre o cal pesa unha demanda por valor de 250.000 euros. A razón? Que lle afeou ao asesor xurídico do Concello de Muros que prohiba aos veciños falar en galego.
Un cuarto de millón de euros por pedir que se respecte a Lei de normalización lingüística! Un cuarto de millón de euros por denunciar a noxenta prohibición do uso dun idioma!
Que forma tan curiosa ten o Concello de Muros de soprar as 30 candeas desta norma que debería ser o símbolo dun tempo novo e que, polo contrario, é o símbolo dun engano, dunha frustración!
Se vos for posíbel, vémonos este sábado. Cómpre que non haxa ningunha agresión sen resposta!
10 de jun. de 2013
Mañá en Ourense, o 13 en Betanzos, o 14 en Allariz e o 15 en Muros
Toca unha semana de bastantes quilómetros. Mañá, como pon o cartaz que está aquí á esquerda, toca facer paraxe en Ourense.
Tamén do libro Como falar e escribir en galego con correción e fluidez partirán os actos nos seráns do día 13 no Liceo de Betanzos e o 14 na Fundación Vicente Risco de Allariz.
Sobre o do 15 en Muros darei axiña máis información. É un evento aberto ao cal vos pido con especial énfase que procuredes acudir, xa que o motivo da súa realización é a ameaza de sanción con que se encontra un veciño desta localidade. O motivo? Que afeou en público o feito de que o asesor xurídico do Concello prohiba ás veciñas e aos veciños falaren en galego. Si, amigas e amigos, como o ouvides. Ano 2013 e aínda estamos con estas.
Ningunha agresión sen resposta! Non nos calarán!

Assinar:
Postagens (Atom)