Desde que o goberno municipal de Santiago está en mans do PP, estrearon todas as súas novas medidas censoriais coa Mesa ou con Queremos Galego. Non é cortina de fume nin é casualidade, é que lles proen moito as accións en defensa do noso idioma.
Primeiro foi a censura e Correlingua e o seu tratamento como se fose unha manifestación; despois quixeron negarnos o palco e a megafonía para a mobilización do Día das Letras, que tivemos que conquistar nos tribunais; despois tentaron evitar que os fotógrafos puidesen subir ao palco para tomaren imaxes da praza da Quintana ateigada; retiraron tamén a axuda pública simbólica que recibía A Mesa pola Normalización Lingüística... Aínda habería máis cousas que poderiamos citar, mais fiquemos nas máis rechamantes e incuestionabelmente impresentábeis.
Agora o Concello volve á carga e decide solicitar unha fianza de 600 euros para a colocación dun palco para o acto final da manifestación do 27 de xaneiro. Esta solicitude de fianza rompe co compromiso realizado polo goberno municipal de excluír do pagamento de taxas e fianzas para a utilización da vía pública as entidades sen ánimo de lucro, como son A Mesa e Queremos Galego.
Mais non calarán a nosa voz! Ou vasllo permitir?
Nenhum comentário:
Postar um comentário