"Como se 'inventa' o galego" é o título irónico que lle puxen á segunda parte (a que vai dos capítulos 6 a 10) do libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Todo isto do tópico do galego como idioma "inventado" e as consecuencias de tales discursos foron tamén un dos temas que tratamos abondosamente na presentación en Miño desta obra. No acto, organizado pola querida asociación Roxín Roxal, tamén se divulgou o proxecto Galiza co Galego e debatemos sobre algunhas outras cousas de interese para esta nosa cultura, empeñada en non se deixar asfixiar.
Penduro aquí tres imaxes do evento, collidas da páxina de Roxín Roxal:
Continuamos!
Nenhum comentário:
Postar um comentário