
É indubidábel o éxito mediático e social do novo papa. A min, en principio, non me esperta moitas simpatías. É máis que excesiva a súa "guerra de Dios" (
sic) contra os dereitos das e dos homosexuais e paréceme dun cinismo supino a súa presentación como "papa dos pobres", mentres por exemplo no Estado español a Igrexa católica, apostólica e romana continúa a beneficiarse duns privilexios que impiden unha mellor distribución da riqueza e unha maior igualdade de oportunidades para todas e todos. Tocar a trompeta para exclamar que axudas os pobres dicía Xesús Cristo que era farisaico e, cando menos de momento, tocar a trompeta foi o único que fixo Jorge Bergoglio. Todo iso sen entrarmos xa nas sombras sobre como pecou durante a ditadura arxentina: se por pensamento, palabra, obra ou omisión.
Así e todo, para tentarmos evitar as reflexións de brocha grosa, penduro aquí as ligazóns a cinco artiguiños que penso que nos poden axudar, desde os seus diferentes contributos, a pensarmos máis e mellor sobre este papado que está a comezar:
-
"Unha ollada responsábel ao novo papa", Stella Calloni.
-
"Jorge Bergoglio na ditadura arxentina", Horacio Verbitsky.
-
"De Bergoglio a Francisco", Atilio A. Boron.
-
"O deus dos ateos", Manuel Fernández Blanco (é un texto anterior á elección, mais que apunta cuestións de moito interese).
-
"Benvido irmán Francisco", Victorino Pérez Prieto.
Nenhum comentário:
Postar um comentário