- "Si uno solo lo pide", lindísimo artigo de Carlos Torres en Importancia Capital.
- "La violencia silenciosa", oportuna e moi recomendábel reflexión de Manuel Fernández Blanco en La Voz de Galicia.
- "Guía da boa esposa", nun blogue de El País, no cal se fala da Escola de Esposas que existe no Reino Unido...
- "O narco Dorado considera a publicación das fotos unha 'inxustiza' e cualifica a Feijóo de 'boa persoa'", informa Sermos Galiza.
- A Mesa advirte de que hai “moitos, moitos anos que o exame teórico para sacar o carné de conducir se pode facer en galego” e denuncia que a Xunta “publicite como unha novidade histórica o que non o é para nada”.
- Ardalén, de Miguelanxo Prado, premiada como mellor obra no Salón Internacional do Cómic de Barcelona.
- "Detrás da crise postelectoral venezolana", reflexiona con datos e rigor Roberto Mansilla en Praza. Interesante que, por exemplo, Capriles gañase a reelección como gobernador do estado de Miranda co 50,53% dos votos, sen que existise o conflito que agora se dá por gañar Nicolás Maduro co 50,75%.
Nenhum comentário:
Postar um comentário