11 de abr. de 2013

Conversa cos Comités en Ourense sobre Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez

A próxima segunda feira, 15 de abril, participarei nas terceiras Xornadas do Estudantado Galego que organizan os Comités no campus de Ourense. Nesta ocasión, a organización de estudantes convidoume a comentar o meu último libro, Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez.

Como vedes na imaxe que pendurei, será ás 16 h na Facultade de Empresariais e Turismo, mais neses días teñen moitas outras actividades de grande interese.

Continuamos!

Nenhum comentário:

Postar um comentário