Para todas as persoas que quixerdes participar, no camiño da mobilización do vindeiro 17 de maio vou intervir nos seguintes actos públicos:
- Domingo 12, Corcubión, 20.30 h, no Auditorio Municipal. Presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos. Organiza a Universidade Popular de Corcubión.
- Segunda (luns) 13, Carballo, 20.30 h, no Casino. Presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Organiza A Mesa de Bergantiños.
- Terza (martes) 14, Lugo, 20 h, no Lar da Cultura do País (carril das Hortas, 1 - baixo). Presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Organiza a asociación Cultura do País.
- Cuarta (mércores) 15, A Estrada, 20 h, na sala de exposicións de Novagaliciabanco. Presentación de Como falar e escribir en galego con corrrección e fluidez. Organizan a asociación cultural Vagalumes e Queremos Galego da Estrada.
- Quinta (xoves) 16, Ponteareas, 20 h, no Auditorio Reveriano Soutullo. Conferencia sobre "Retos e alternativas para o galego no ensino". Organiza Galiza Nova.
Continuamos!
Nenhum comentário:
Postar um comentário