28 de jun. de 2013
23 de jun. de 2013
Auguiña de sete fontes (10)
- Nas Illes Balears o Govern, tamén do PP, si informa do resultado das "consultas". No seu caso, 70% do alumnado escolleu o catalán como primeira lingua. Tedes máis información, máis matices, na ligazón.
- Un estudo do Goberno vasco estuda revisar os perfís de euskara ante a falta de sintonía entre a acreditación e o uso. O problema non vos soa? Iso si, aquí os poderes públicos nin se fan a pregunta en alto nin pensan en ningunha solución.
- México, o país das 69 linguas. Unha é o castelán, o resto...
- O Barça ten conta de Twitter en portugués.
- Nova directiva comunitaria sobre intérpretes no ámbito penal.
- Pico, unha figura central da escena galega.
- O PP de Galiza contratou con empresas da Gürtel cando Feijóo xa era presidente do partido.
22 de jun. de 2013
21 de jun. de 2013
Festival do humor
- Fuches ver Supermán?
- Fun.
- E que tal?
- Pois tampouco tiña a man tan grande.
(Perdoádeme por este chiste, mais non me puiden resistir xD).
- Fun.
- E que tal?
- Pois tampouco tiña a man tan grande.
(Perdoádeme por este chiste, mais non me puiden resistir xD).
19 de jun. de 2013
Mil e uma noites loucas
Non coñecía o grupo de mulleres "Doce", que na década de 80 cantaba en Portugal cancións tan bailábeis coma esta, "Ali Babá":
18 de jun. de 2013
Um futuro pior
O fondo é triste e duro, pois así é a actualidade, mais hai que aplaudir a creatividade con que se recreou este acertado discurso da deputada Ana Drago, do Bloco de Esquerdas de Portugal (a propósito, por se non o sabíades, a escolla do nome do Bloco de Esquerdas ten a ver coa existencia ao norte do Miño do Bloque Nacionalista Galego).
Vexamos primeiro a intervención de Drago na Assembleia da República:
Agora, a versión de Bandex:
Unidos contra a troika! Continuamos!
Vexamos primeiro a intervención de Drago na Assembleia da República:
Agora, a versión de Bandex:
Unidos contra a troika! Continuamos!
17 de jun. de 2013
Mundos para-lelos
O Comité de Empresa da TVG denunciou no seu blogue Eu non manipulo (que tedes que seguir desde xa!) que, aínda que a nova dos xuízos contra min si saíu varias veces nos informativos da nosa televisión pública, no entanto a noticia da miña absolución non saíu nos telexornais. É unha forma deplorábel de criminalizar.
Agradezo ao grupo do BNG que se fixese eco desta denuncia e que presentase a seguinte pregunta:
16 de jun. de 2013
Auguiña de sete fontes (9)
- O psiquiatra que "descubriu" o TDAH confesou antes de morrer que "é unha doenza ficticia".
- Entrevista á interesantísima arquitecta Beatriz Colomina.
- "O fechamento da TV pública grega anuncia o final da democracia", mesmo da democracia formal.
- Once estudantes imputados por se mobilizaren en defensa do ensino público. Toda a solidariedade!
- O berberecho común dáse por desaparecido na Ría da Arousa :(
- Un extraballador de Goldman Sachs dío clariño, por se había quen o dubidase: "Creabamos pánico nos mercados para sacarmos beneficio da caída de España".
- Escándalo e vergoña pola manipulación informativa da TVG con Xerardo Conde Roa.
Enviar por e-mailPostar no blog!Compartilhar no XCompartilhar no FacebookCompartilhar com o Pinterest
Nenhum comentário:
Etiquetas:
arquitectura,
Babis Kokosis,
Beatriz Colomina,
crise,
CRTVG,
ecoloxismo,
ensino,
Galiza Nova,
Grecia,
Greg Smith,
Leon Eisenberg,
manipulación informativa,
pesca,
psi,
Xerardo Conde Roa
15 de jun. de 2013
Viva Marica Campo!
Esta foto en que saímos en amor e compañía a Marica Campo e mais eu pertence á manifestación nacional de xaneiro en defensa do ensino na nosa lingua.
A Marica, extraordinaria creadora, é tamén desas mulleres que saben da importancia de batallar por un mundo máis xusto, algo que fai sempre ademais acompañada dun enorme afecto. Porque, ao cabo, en todas as liñas anteriores non se falou máis que dunha cousa: amor.
Sinto moitísimo non poder estar na homenaxe "A Escritora na súa Terra" que se lle tributa este 15 de xuño, organizada pola Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega. Tedes aquí toda a información.
Puiderdes ou non asistir, berrade comigo: Viva Marica Campo! Viva!
14 de jun. de 2013
13 de jun. de 2013
Contra a LOMCE, tamén en Betanzos
Como ben se ve no cartaciño da esquerda, hoxe vanse realizar actos contra a LOMCE en varias cidades e vilas de Galiza. Anímovos a asistirdes! Xogámonos moito nisto!
Aínda que non aparece aquí ningunha concentración en Betanzos, sen dúbidas que falaremos disto no acto que imos realizar ás 20.30 h no Liceo desta localidade (en concreto, na sala Azul), como vedes no cartaciño da dereita.
Este evento, sobre o idioma noso e que ten como desencadeante a publicación do libro práctico Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, está organizado pola A. C. Eira Vella, en colaboración coa libraría Carricanta.
Continuamos!
12 de jun. de 2013
Trinta anos para isto
O sábado fanse tres longas décadas da promulgación da Lei de normalización lingüística, unha norma básica de desenvolvemento do Estatuto de Autonomía que debería alicerzar un tempo de recoñecemento oficial do noso idioma propio, que debería axudar a sandar as feridas de tanto tempo de proscrición.
Talvez unha boa síntese do que supoñen eses 30 anos sexa o acto organizado polo BNG en Muros para este sábado. O evento festexa que existe unha lingua e que continuamos a batallar pola súa plena normalización, sen dúbida, mais tamén denuncia que nestes momentos hai un veciño desa localidade, Xosé Ramón Farinós, sobre o cal pesa unha demanda por valor de 250.000 euros. A razón? Que lle afeou ao asesor xurídico do Concello de Muros que prohiba aos veciños falar en galego.
Un cuarto de millón de euros por pedir que se respecte a Lei de normalización lingüística! Un cuarto de millón de euros por denunciar a noxenta prohibición do uso dun idioma!
Que forma tan curiosa ten o Concello de Muros de soprar as 30 candeas desta norma que debería ser o símbolo dun tempo novo e que, polo contrario, é o símbolo dun engano, dunha frustración!
Se vos for posíbel, vémonos este sábado. Cómpre que non haxa ningunha agresión sen resposta!
10 de jun. de 2013
Mañá en Ourense, o 13 en Betanzos, o 14 en Allariz e o 15 en Muros
Toca unha semana de bastantes quilómetros. Mañá, como pon o cartaz que está aquí á esquerda, toca facer paraxe en Ourense.
Tamén do libro Como falar e escribir en galego con correción e fluidez partirán os actos nos seráns do día 13 no Liceo de Betanzos e o 14 na Fundación Vicente Risco de Allariz.
Sobre o do 15 en Muros darei axiña máis información. É un evento aberto ao cal vos pido con especial énfase que procuredes acudir, xa que o motivo da súa realización é a ameaza de sanción con que se encontra un veciño desta localidade. O motivo? Que afeou en público o feito de que o asesor xurídico do Concello prohiba ás veciñas e aos veciños falaren en galego. Si, amigas e amigos, como o ouvides. Ano 2013 e aínda estamos con estas.
Ningunha agresión sen resposta! Non nos calarán!
Tamén do libro Como falar e escribir en galego con correción e fluidez partirán os actos nos seráns do día 13 no Liceo de Betanzos e o 14 na Fundación Vicente Risco de Allariz.
Sobre o do 15 en Muros darei axiña máis información. É un evento aberto ao cal vos pido con especial énfase que procuredes acudir, xa que o motivo da súa realización é a ameaza de sanción con que se encontra un veciño desta localidade. O motivo? Que afeou en público o feito de que o asesor xurídico do Concello prohiba ás veciñas e aos veciños falaren en galego. Si, amigas e amigos, como o ouvides. Ano 2013 e aínda estamos con estas.
Ningunha agresión sen resposta! Non nos calarán!
5 de jun. de 2013
Da Estrada a Ourense
A terza feira (martes) 11 de xuño presentarase ás 20.30 h no Café Cultural Auriense o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez. Este acto forma parte da intensa xira de diálogos en que estou a participar por todo o país. O punto de partida para a conversa é este volume práctico; o punto de chegada é tomarmos forzas e ideas para continuarmos a traballar no día a día.
Aproveito o anuncio desta vindeira paraxe en Ourense para pendurar aquí algunhas imaxes do que foi un deses actos anteriores, o da Estrada no 15 de maio. Sobre el falou tamén o Cibrán Arxibai no seu útil blogue Carta Xeométrica.
Como veredes, as fotografías pertencen ao colectivo Catrogatos.
Continuamos!
Aproveito o anuncio desta vindeira paraxe en Ourense para pendurar aquí algunhas imaxes do que foi un deses actos anteriores, o da Estrada no 15 de maio. Sobre el falou tamén o Cibrán Arxibai no seu útil blogue Carta Xeométrica.
Como veredes, as fotografías pertencen ao colectivo Catrogatos.
Continuamos!
4 de jun. de 2013
Os portugueses teñen palabras galegas
Penduro aquí este vídeo realizado pola xente da Mesa da Zona de Bergantiños, con especial traballo por parte do compañeiro Xosé Cotelo. Abórdase nel o mantemento na memoria de moita xente da denominación tradicional -e até hai relativamente pouco tempo, maioritaria- en galego dos días da semana.
É para non perder o momento en que a señora María e o señor Indalecio razoan, no minuto 3:30, que os días en feira se usan tamén ao sur do río Miño porque os portugueses teñen moitas palabra galegas. Haberá quen se ría da súa intuición, mais é verdade que, en termos históricos, a razón está do seu lado.
Recuperemos as nosas palabras! ;)
É para non perder o momento en que a señora María e o señor Indalecio razoan, no minuto 3:30, que os días en feira se usan tamén ao sur do río Miño porque os portugueses teñen moitas palabra galegas. Haberá quen se ría da súa intuición, mais é verdade que, en termos históricos, a razón está do seu lado.
Recuperemos as nosas palabras! ;)
2 de jun. de 2013
Auguiña de sete fontes (8)
- Homenaxe o 15 de xuño a Marica Campo.
- "Aquel córner", Francisco Castro.
- "Percebes?", Caetano Veloso.
- "Lembranza emocionada de Pilar Vázquez Cuesta, nese enorme silencio...", Manuel López Foxo.
- Abriu a Loxa Virtual de Sermos Galiza.
- "Amnesia e demagoxia confusionista", Francisco Rodríguez.
- Benicio del Toro regresou a Cannes cun filme freudiano (do máis interesante).
Assinar:
Postagens (Atom)