Penduro aquí este vídeo realizado pola xente da Mesa da Zona de Bergantiños, con especial traballo por parte do compañeiro Xosé Cotelo. Abórdase nel o mantemento na memoria de moita xente da denominación tradicional -e até hai relativamente pouco tempo, maioritaria- en galego dos días da semana.
É para non perder o momento en que a señora María e o señor Indalecio razoan, no minuto 3:30, que os días en feira se usan tamén ao sur do río Miño porque os portugueses teñen moitas palabra galegas. Haberá quen se ría da súa intuición, mais é verdade que, en termos históricos, a razón está do seu lado.
Recuperemos as nosas palabras! ;)
Nenhum comentário:
Postar um comentário